Paderne de Allariz
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paderne de Allariz.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Rioseco | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.368 (2023) (35,29 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 38,76 km² | ||||
Altitude | 536 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Manuel Fernández Gómez | ||||
Eleccións municipais en Paderne de Allariz | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32055 | ||||
Paderne de Allariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. En 2015 tiña 1.486 habitantes segundo o Padrón municipal (1.643 en 2003).
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 1.486 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 110 (7.4 %) |
Entre 15 e 64 anos | 758 (51.01 %) |
Maiores de 65 anos | 618 (41.59 %) |
Evolución da poboación de Paderne de Allariz Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.785 | 3.800 | 3.275 | 2.218 | 1.630 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Emprázase no reborde oriental da depresión de Ourense. Xeograficamente, destacamos a cadea montañosa que percorre o municipio en dirección Norte-Sur, con cimas que superan os 700 metros de altitude. Son dous os ríos que atravesan estas terras: o Gaiola e o Barbaña.
Historia
[editar | editar a fonte]Até 1916 recibía simplemente o nome de Paderne, pero nese ano pasou a ser chamado Paderne de Allariz para distinguilo do concello de Paderne[1].
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Lourenzo: templo barroco onde o máis sobresaínte é a súa torre, de clara inspiración compostelá.
- Igrexa de San Salvador de Mourisco: de orixe barroca e de liñas simples. Interior dunha soa nave. Cuberta de madeira e chan de pedra. Bóveda de canón con arcos de medio punto. Posúe tribuna de madeira, excepto as columnas que sosteñen o seu peso, que son de granito. Destaca o retablo maior, do século XVII, onde se atopan importantes pezas de imaxinería como é a talla de San Salvador e imaxes de Cristo en maxestade. Nos laterais, outros pequenos retablos: o da esquerda representa á Virxe do Carme e o da dereita a San Bieito.
- Igrexa de San Salvador de Solbeira de Belmonte: igrexa barroca de fachada moi sinxela. Interior dunha soa nave con cuberta de madeira. Tribuna de madeira. A porta principal está decorada cunha moldura que a rodea, facendo uns curiosos debuxos xeométricos nas esquinas. No centro do lintel da porta hai unha cuncha de bivalvo aberta. Esta portada está flanqueada por dúas pilastras. Sobre o frontón aparece escrita a data da súa construción: 1789. Ao exterior, destaca o ciborio polo seu peculiar tellado.
- Conxunto de hórreos de Vilameá: utilizados para gardar o gran. Estrutura rectangular de madeira formada por táboas que permiten a ventilación do interior pero que ao mesmo tempo impiden a penetración da choiva. Sostido todo iso por alicerces de pedra. Teito de tella. Hoxe en día están bastante deteriorados.
- Cruceiro de Siabal: típico cruceiro galego de data indefinida. A composición radica nunha base a modo de peaña con tres banzos sobre a que descansa un fuste liso poligonal e sobre el unha cruz de pequenas proporcións. Decoración ausente en todo o conxunto.
- Peto de ánimas de Saá: aséntase sobre unha plataforma de dobre fileira; o corpo inferior, de lados cóncavos, queda separado do superior por medio dunha cornixa, sobre a que se asenta a pequena fornela sen contido na actualidade. Constitúe o remate unha cornixa que serve de base ao pedestal dunha cruz, no que se repite o xogo de liñas do corpo inferior, outorgando ao monumento un sentido harmonioso e contribuíndo á súa estilización. Unha mutilada inscrición informa sobre o seu levantamento: 1800.
Festas
[editar | editar a fonte]- San Lourenzo, en San Lourenzo, o 10 de agosto.
- Santo Antonio, na parroquia de Solbeira, o 13 de xuño.
- San Miguel, en Cantoña, o 11 e 12 de maio.
- San Pedro, en Figueiredo, o 29 de xuño.
- San Marcos de Golpellás a finais de abril.
- A Pascua en Figueiroá.
- Feira de Rioseco, en Figueiroá, o 13 de cada mes.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Paderne de Allariz.
-
Paderne
-
Casa do concello.
-
Bandeira de Paderne de Allariz, Ourense.[2]
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Lugares de Paderne de Allariz
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paderne de Allariz vexa: Lugares de Paderne de Allariz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
- ↑ Decreto 152/2004, do 1 de xullo DOG núm. 135 (14 de xullo de 2004)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paderne de Allariz |