Saltar ao contido

O Irixo

Modelo:Xeografía políticaO Irixo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°30′43″N 8°07′06″O / 42.511944444444, -8.1183333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalO Irixo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.391 (2023) Editar o valor en Wikidata (11,5 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie121 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude546 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataSusana Iglesias Nogueira (2023–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais no Irixo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32035 Editar o valor en Wikidata

O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e sitúase ao noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte cos municipios pontevedreses de Lalín e Dozón, ao sur cos de Boborás e O Carballiño, ao leste co de Piñor e ao oeste cos de Forcarei (Pontevedra), Beariz e Boborás.

Está situado ao pé da serra do Testeiro. Os solos son de granitos e xistos do precámbrico, nos que a forte erosión provocou morfoloxía aplanada. Destaca o monte do Paraño (800 m). Os bosques, matos e pastos ocupan máis do 80 % da superficie municipal. A presenza de carballos e castiñeiros nas valgadas minguou pola reforestación de piñeiros e eucaliptos, se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacións, deixando en ocasións a rocha á vista. Nas zonas húmidas e fluviais hai numerosos ameneiros, e nos lugares próximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas, usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construción das vías. Existen tamén numerosas praderías naturais de secaño, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo, a uz e a xesta. Os solos son bastante pobres e ácidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

No concello hai tres ríos principais: Viñao, Pedriña e Lobagueira. Este último, xunto co seu afluente Redondo, escavaron pequenos vales profundos ao discorrer por terreos abundantes en lousa, mentres que os dous primeiros discorren por solos de granito e formaron os amplos vales de Cusanca e Loureiro.

O río Viñao, citado como Miñao no Catastro de Ensenada, nace na parroquia de San Cosmede de Cusanca, nas altas fontes do Conde, e atravesa o val de Cusanca. No lugar das Campinas recibe as augas de varios regatos procedentes da Cruz da Grade. Recibe os nomes de río Bulgallo en Zacarade e da Ponte de Xoán Loro en Carballal. Desemboca no río Avia.

O río Pedriña ou das Fontes nace nas fontes dos lugares de Amieiros, Lousado e Valduíde, todos da parroquia de Loureiro, na aba sur dos montes da Madanela. Desemboca no río Arenteiro logo de atravesar as parroquias de Cangues e Corneda. No seu curso hai numerosos muíños.

O río Lobagueira é afluente do Viñao, e nace no monte Testeiro, xunto cos seus afluentes o Redondo e o Froufe. Cruzan as parroquias de Espiñeira, Froufe e Parada de Labiote.

Historicamente houbo rateos das augas para o regadío, conservándose documentación da repartición das augas da parroquia de Loureiro de 1854.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación do concello está diseminada en pequenas comunidades rurais, abranguendo 108 aldeas, xeralmente nas zonas máis baixas e a carón dos ríos e das principais vías de comunicación. O Irixo é un dos concellos máis avellentados de Galicia:

Censo total 1.600 (2015)
Menores de 15 anos 74 (4.62 %)
Entre 15 e 64 anos 732 (45.75 %)
Maiores de 65 anos 794 (49.62 %)
Evolución da poboación do Irixo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.787 6.685 6.357 4.350 2.033
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Acadou a súa maior poboación en 1927 con 6.826 habitantes, manténdose aproximadamente esa cifra até as décadas de 1960-70. A partir de entón houbo un forte descenso de poboación, común ao resto de municipios rurais da comarca, por mor da emigración. Entre 1900 e 1960 esta dirixiuse principalmente cara a América, tanto do sur (a Arxentina, o Brasil, Venezuela e o Uruguai) como en menor medida ao norte (México e os Estados Unidos). Entre 1960 e 1980 a emigración pasou a ser cara países de Europa, principalmente Francia, Alemaña e Suíza. Existiu tamén emigración interior cara ás cidades de Ourense e Vigo, e dentro de España ao País Vasco, Cataluña e Madrid.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A casa do concello tivo a súa sede primeiro nos lugares de Ponte lrixo e As Campinas, os dous na parroquia de Campo. O edificio actual foi construído en 1937 e remodelado en 1996.

Símbolos

[editar | editar a fonte]

O escudo municipal está partido e surmontado por coroa. No campo esquerdo, leva unha arracada en ouro sobre fondo azul. O campo dereito está partido horizontalmente en dous; no campo superior hai un bidueiro na súa cor, lucindo doce ramas -seis por lado- coas follas respectivas en sinople; no campo inferior hai dous torsos de teixugos enfrontados tocándose coas garras dunha das súas patas dianteiras, en sabre. A coroa é de ouro, lucindo diversos esmaltes en goles e sinopie.

A arracada é un pendente de ouro de 18 quilates atopado en 1905 en Grota, entre os lugares do Cardedo e Menaz (parroquia de Campo), conservado no Museo de Pontevedra. O bidueiro fai alusión á súa madeira, pola importancia da artesanía local de zocos e eixos de carros. As doce ramas e as follas respectivas indican as doce parroquias do territorio. O teixugo é un animal representativo do territorio. A coroa alude á antiga xurisdición exercida en parte do territorio polo Conde de Monterrei.


Sendeirismo

[editar | editar a fonte]

O Irixo conta cunha ruta homologada de sendeirismo: o PR-G 189 "Ruta dos castros do Irixo".

É unha ruta sendeirista lineal duns 6 km, entre Irixo de Arriba e Valdesoiro. Discorre polos lugares de Irixo de Arriba, Muíño de Valcobo, Campo da Cruz, Igrexa de Santa Mariña da Cidá, Paredes, Os Casares e Valdesoiro. Unha variante achégase ata o Coto do Castro.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes do Irixo.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Irixo

Campo (Santa María) | Cangues (Santo Estevo) | A Cidá (Santa Mariña) | Corneda (Santiago) | Dadín (San Pedro) | Espiñeira (San Pedro) | Froufe (San Xoán) | Loureiro (Santa Mariña) | Parada de Labiote (San Xulián) | Reádigos (Santa Baia) | O Regueiro (San Pedro) | San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)

Lugares do Irixo

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Irixo vexa: Lugares do Irixo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]