Saltar ao contido

Manuel Elkin Patarroyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Elkin Patarroyo

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel Elkin Patarroyo Murillo Editar o valor en Wikidata
3 de novembro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Ataco, Colombia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Universidade Nacional de Colombia
Universidade Rockefeller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpatólogo, immunólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional de Colombia Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Patarroyo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1076110

Manuel Elkin Patarroyo, nado en Tolima, Colombia o 3 de novembro de 1946, é un patólogo colombiano, nacionalizado español, coñecido mundialmente polo desenvolvemento dunha vacina sintética contra a malaria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado o 3 de novembro de 1946 na cidade colombiana de Tolima estudou medicina na Universidade Nacional de Colombia, ampliando estudos na Universidade Yale e no Instituto Rockefeller de Nova York.

Desenvolveu unha vacina sintética contra a malaria, unha doenza transmitida polo mosquito Anopheles gambiae que afecta a millóns de persoas do terceiro mundo, e que chamou SPf66. En 1999 a OMS, á cal Patarroyo cedeu os dereitos da patente, probou a vacina en Gambia, Tanzania e Tailandia, con resultados parcialmente efectivos.

En 1994, foi galardoado co Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica pola importancia da súa achega científica na programación, desenvolvemento e experimentación dunha vacina sintética contra a malaria.

Malia que en 1996 conseguiu a nacionalidade española, no presente segue a traballar no Instituto de Inmunoloxía de Colombia, que se atopa na cidade de Bogotá. Os seus estudos céntranse na mellora da vacina contra a malaria ademais da vacina contra a tuberculose, a lepra e o cancro de útero.