Xansenismo
O xansenismo foi un movemento relixioso da Igrexa católica, principalmente na Europa dos século XVII e posteriores.
O seu nome provén do teólogo e bispo Cornelio Jansen ou Jansenio (1585-1638).
Desenvolvemento histórico
[editar | editar a fonte]As discusións do Concilio de Trento sobre o papel da liberdade e a súa relación coa graza divina non terminaran coa controversia De Auxiliis.
Jansenio pensou encontrar nos escritos de Agostiño de Hipona unha resposta máis satisfactoria. Por iso elaborou a súa obra Augustinus onde trata sobre todo tres puntos:
- Resumo da controversia Pelagiana
- Negación do estado de natureza pura
- Desenvolvemento da súa concepción sobre a noción de "graza eficaz".
Segund consta no mesmo escrito, el pensaba con isto manterse dentro da explicación da teoloxía de Agostiño e sometía o escrito, con submisión, ao que ditara o Papa.
Porén Jansenio, debido á controversia teolóxica que podería xerar, non publibou o Augustinus, o que se fixo de forma póstuma en 1640, en Lovaina.
Baseado neste libro xorde un movemento que se desenvolve en tres ramas: xansenismo teolóxico, xansenismo moral-espiritual (que influíu no rigorismo moral nos séculos XVIII a XIX) e xansenismo político-antixesuítico-galicanista (considerado como o movemento maioritario dentro do xansenismo).
As sucesivas condenas por parte da Santa Sé romana obrigaron aos xansenistas a soster posicións conciliaristas, o que os levou ao galicanismo.
O movemento, desde o seu inicio, mostrouse inimigo xurado dos xesuítas e, por iso, derivou en postura política grazas ao apoio de Blaise Pascal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bihlmeyer, K. e H. Tuechle (1999): Storia della chiesa, vol. 4: época moderna. Brescia: Ed. Morcelliana. ISBN 88-372-0666-6.
- Martina, G. (1974): La Iglesia: de Lutero a nuestros días, Ed. Cristiandad. Catro volumes. ISBN 84-7057-153-2.
- Fraile Miguélez, M. (2010): Jansenismo y regalismo en España. Ed. Agustiniana, Guadarrama. ISBN 978-84-95745-98-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xansenismo |