Vendas Novas
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Évora | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 11.846 (2011) (52,65 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 225 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 7080 | |||
Fuso horario | ||||
Sitio web | cm-vendasnovas.pt |
Vendas Novas é unha cidade portuguesa do distrito de Évora, rexión do Alentexo e subrexión do Alentexo Central, con preto de 9.700 habitantes.[1]
É sede dun concello con 222,39 km² de área [2] e 11.846 habitantes no 2011,[3][4] subdividido en dúas freguesías. O concello limita ao leste co concello de Montemor-o-Novo, ao sur con Alcácer do Sal, ao oeste con Palmela e ao noroeste coa parte oriental do Montijo. O concello foi creado no ano 1962. Anteriormente era só unha freguesía de Montemor-o-Novo.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe de Vendas Novas remonta á creación de Posta Sul, por orde de João III. Foi entón aberto un camiño de Aldeia Galega (Montijo) a Montemor Vendas Novas para reducir a distancia e o tempo das viaxes. Foi nese camiño onde o rei mandou construír unha pousada, no lugar onde se atopa hoxe Vendas Novas. Algúns anos máis tarde, por orde de Teodósio, construíuse unha nova pousada nas Vendas Novas. O nome do pobo ten, probabelmente, orixe nas construcións (pousadas ou vendas) que, por seren de recente construción, eran novas, denominadas polos viaxantes como "as vendas novas". A poboación máis antiga do concello é, no entanto, a Landeira, hoxe freguesía do concello, no que existen referencias da súa existencia nos inicios do século XII.
Vendas Novas foi freguesía do concello de Montemor-o-Novo ata o 7 de setembro de 1962, data en que pasou a ser concello, após un proceso reivindicativo iniciado no final do século XIX.
Demografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Poboación do Concello de Vendas Novas (1970 - 2011) | |||||
---|---|---|---|---|---|
1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
8.587 | 10.933 | 10.476 | 11.619 | 11.846 |
Freguesías
[editar | editar a fonte]O concello divídese en dúas freguesías:
Política
[editar | editar a fonte]O presidente da Cámara Municipal de Vendas Novas é, desde outubro de 2013, Luís Dias, elixido polo PS. A Xunta de Freguesía de Vendas Novas está presidida por Paula Valentim (PS) e a Xunta de Freguesía de Landeira por Vítor Serrano (PS).
Órgano | PS | PCP-PEV | PSD | |
Cámara Municipal | 3 | 3 | 1 | |
Asemblea Municipal | 12 | 9 | 2 | |
dos cales: elixidos directamente | 10 | 9 | 2 |
Evolución da votación
[editar | editar a fonte]Ano | CDU APU de 1979 a 1985 FEPU en 1976 |
PS | PSD | CDS-PP | AD | |
2013 | 39,07% | 43,28% | 11,64% | |||
2009 | 52,2% | 30,23% | 14,49% | |||
2005 | 46,01% | 32,5% | 17,76% | |||
2001 | 53,95% | 20,56% | 21,13% | |||
1997 | 52,72% | 28,59% | 13,11% | 1,72% | ||
1993 | 52,34% | 25,68% | 15,58% | 2,96% | ||
1989 | 55,16% | 17,51% | 23,89% | |||
1985 | 54,75% | 41,89% | ||||
1982 | 51,61% | 16,68% | 29,49% | |||
1979 | 53,84% | 14,84% | 29,60% | |||
1976 | 48,12% | 37,18% | 10,51 |
Transportes
[editar | editar a fonte]O concello de Vendas Novas está servido por unha estación de trens que permite cinco enlaces directos a Lisboa e a Évora. A Estación de Vendas Novas está integrada na Liña do Alentexo. Aflúe tamén á estación a Liña de Vendas Novas, na actualidade utilizada para servizo de mercadorías. Canto a transportes por estrada, a cidade está servida pola Rede Expressos, Estradas do Alentejo e TST. Vendas Novas posúe ligazóns diarias a Évora, Setúbal, Lisboa, Montemor-o-Novo e varias freguesías da zona.
-
Mapa local de transportes por estrada de Vendas Novas
-
Mapa rexional de transportes por estrada de Vendas Novas
O nó da Marateca sitúase nas proximidades da aldea de Landeira, o que confire a Vendas Novas unha posición xeográfica vantaxosa. Ao leste da cidade atópase o acceso á A6, A2 e A13. Grazas a isto, en coche chégase a Lisboa, Évora e Setúbal en preto de 45 minutos.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]O prato máis afamado de Vendas Novas son as bifanas, que atraen millares de visitantes á cidade, principalmente á zona de Boavista. As bifanas de Vendas Novas son comercializadas en varios centros comerciais do país incluíndo Almada Fórum, Colombo ou Barreiro Retail Park.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anuário Estatístico da Região Alentejo 2012 (en portugués)
- ↑ Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013 Arquivado 09-12-2013 en Wayback Machine. (en portugués)
- ↑ Censos 2011 Resultados Definitivos – Região Alentejo (en portugués)
- ↑ Quadros de apuramento por freguesia (en portugués)