Saltar ao contido

Santiago Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantiago Freire

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Carantoña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Noia
2016 –
← Miguel Paz Barreiro
Alcalde de Lousame
2003 – 2012 (dimisión)
← José Ramón Vidal CasteloTeresa Villaverde Pais → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Alberto Núñez Feijóo con Santiago Freire Abeijón.

José Santiago Freire Abeijón, nado en Carantoña (Tállara, Lousame) en 1967, é un veterinario e político galego do PPdeG, que foi alcalde de Lousame e na actualidade é o alcalde de Noia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto de Noia e Veterinaria na Facultade de León. Exerceu como veterinario no ámbito privado e acadou unha praza de inspector de Saúde Pública. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG no concello de Lousame, conseguindo a alcaldía grazas ao apoio dunha concelleira independente, desbancando ao PSdeG-PSOE que levaba gobernando o concello dende as primeiras eleccións democráticas. Nas seguintes eleccións de 2007 e 2011 revalidou a alcaldía por maioría absoluta, e nese último ano foi designado deputado provincial. En setembro de 2012 renunciou á alcaldía e ó seu escano na deputación para formar parte da candidatura do PPdeG para eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012, nas cales resultou elixido deputado no Parlamento de Galicia.

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Noia. A súa candidatura foi a máis votada pero non obtivo a maioría absoluta e quedou na oposición durante uns meses, ata que en febreiro de 2016 e grazas a unha moción de censura co apoio de Noieses Independientes Agrupados (NO.I.A) accedeu ao posto de alcalde e pasou a gobernar en coalición con esta formación[1]. Nas eleccións de 2019 e 2023 logrou de novo alcaldía co apoio do NOIA.


Predecesor:
José Ramón Vidal Castelo
 
Alcalde de Lousame
 
2003 - 2012
Sucesor:
Teresa Villaverde Pais
Predecesor:
Miguel Paz Barreiro
 
Alcalde de Noia
 
2016 - actualidade
Sucesor:
no cargo
  1. Santiago Freire, do PP, xa é o alcalde de Noia, La Voz de Galicia, 17/02/2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]