Ronald J. Garan
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1961 (63 anos) Yonkers, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Florida Embry–Riddle Aeronautical University (en) State University of New York at Oneonta (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial, piloto de guerra, astronauta, enxeñeiro |
Empregador | NASA, astronauta |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
Rango militar | Coronel |
Tempo no espazo | 177 días, 23 horas e 54 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Ronald John Garan Jr., nado en Yonkers (Nova York) o 30 de outubro de 1961, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-124 e Soiuz TMA-21 e foi membro da Expedición 27 e da Expedición 28 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Garan graduouse en ciencias económicas polo Colexio SUNY (Oneonta) en 1982 e é máster en aeronáutica pola Universidade Aeronáutica Embry Riddle en 1994 e máster en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Florida en 1996.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xullo de 2000. Participou nas misións STS-124 e Soiuz TMA-21 e foi membro das expedicións 27 e 28 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Garan, Ronald John Jr" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (abril de 2012). "RONALD J. GARAN, JR. (COLONEL, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT" (PDF) (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2020.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ronald J. Garan |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |