Saltar ao contido

Raposo gris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raposo gris
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Canidae
Xénero: Urocyon
Especie: U. cinereoargenteus
Nome binomial
Urocyon cinereoargenteus
Schreber, 1775
Distribución do raposo gris
Distribución do raposo gris

Distribución do raposo gris

O raposo gris (Urocyon cinereoargenteus) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos cánidos distribuída polo continente americano, dende o sur do Canadá até Venezuela. Nalgúns lugares de Hispanoamérica é coñecido como tigrillo, ostoche ou gato de monte, debido ós seus longos bigotes máis propios dun felino que dun cánido. Trátase dunha das dúas especies actuais agrupadas dentro do xénero Urocyon, sendo a outra o raposo gris das illas. Algúns cánidos do xénero Lycalopex que habitan no cono sur americano tamén son chamados ás veces raposos grises, pero non están emparentados de forma estreita con esta especie.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Raposo gris de Florida.

O tamaño é semellante ó do coiote, mais teñen numerosos diferenzas morfolóxicas. O raposo gris ten o fociño máis curto e agudo, as orellas máis desenvolvidas e as patas proporcionalmente máis curtas. A cola é longa e espesa, moi poboada. A pelaxe é gris escura ou prateada no lombo, volvéndose avermellada nos costados e as patas e branca no ventre. Unha banda de pelo negro cruza o corpo dende a caluga até a punta da cola, seguindo todo o lombo do animal. A gorxa é branca e aprécianse dúas raias finas de pelo negro que parten dende os ollos cara a atrás.

  1. Cypher, B.L., Fuller, T.K. & List, R. 2008. Urocyon cinereoargenteus. IUCN 2010. Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. Version 2010.1. <www.iucnredlist.org>. Consultado o 20 de abril de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alderton, David (1998). Foxes, Wolves, Lions, and Wild Dogs of the World. Londres: Blandford ISBN 081605715X