Pobo wayuu
Pobo wayuu | |
---|---|
Bailaríns wayuu. | |
Poboación | |
Poboación total: c 800 000 | |
Rexións principais: | |
Venezuela | 415 498 (2011)[1] |
Colombia | 380 460 (2018)[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua wayuu |
Relixión | relixión tradicional e catolicismo |
Grupos relacionados | Arauacos |
Os wayuu (tamén chamados wayu, wayúu, guajiro, wahiro) son un pobo indíxena que habita na península da Guajira, no norte de Colombia e o noroeste de Venezuela. A lingua wayuu forma parte da familia lingüística das linguas macroarauacas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os wayuu habitan nun territorio de 15 300 km2 dentro do departamento de la Guajira, Colombia, e 12 000 km2 dentro do estado Zulia, Venezuela, na costa do mar Caribe. O clima da sabana xerófila ó sur e occidente (Baixa Guajira) e de estepa árida ou semiárida ó norte e leste (Alta Guajira), é cálido e seco. A pluviosidade desta rexión é moi reducida e só hai chuvias no juyapu, entre setembro e decembro. Na Alta Guajira está o denominado Macizo Guajiro[3] conformado polas serras Macuira, Jala'la, Chiare, Cojoro e Cocinas e o cerro Epitsú, que acada até 900 msnm. Ó sur da baixa Guajira corren, cara ó oeste o río Ranchería e o río Limón cara ó leste.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INE (2013) "Primeiros Resultados Censo Nacional 2011: Poboación Indíxena de Venezuela. Consultado o 22 de febreiro de 2013. Os wayú son o 57,3 % da poboación indíxena censada en Venezuela, un total de 725 128 persoas.
- ↑ DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ Chaves, Milciades (1953) «La Guajira: una región y una cultura de Colombia.» Revista Colombiana de Antropología 1: 123-195. Bogotá.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo wayuu |