Metal extremo
Aparencia
Metal extremo | |
---|---|
Orixe musical | heavy metal, hardcore punk |
Orixe cultural | anos 80 nos Estados Unidos e Europa |
Instrumentos típicos | guitarra eléctrica, baixo, batería, voz |
Derivados | metal de vangarda, metal gótico, groove metal, grunge, metal neoclásico, post-metal, power metal |
Subxéneros | |
black metal, ambient black metal, folk black metal, industrial black metal, post-black metal, blackgaze, black metal psicodélico, black metal sinfónico, death metal, brutal death metal, death metal industrial, death metal melódico, slam death metal, death metal sinfónico, death metal técnico, doom metal, epic doom, traditional doom, speed metal, thrash metal | |
Metal extremo é un termo xenérico pouco definido para un gran número de subxéneros relacionados coa música heavy metal que se veñen desenvolvendo dende principios dos anos 80. Foi definido como un "cúmulo de subxéneros do metal caracterizados pola súa transgresión sonora, verbal e visual".[1]
O termo normalmente refírese a un estilo máis abrasivo, máis duro, underground, e non comercial asociado co speed metal, o thrash metal, o black metal, o death metal e o doom metal.[2] O hardcore punk considerouse unha parte integral do desenvolvemento do metal extremo con respecto á velocidade e á estrutura das cancións,[3] en todos os casos que non sexan doom metal.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Julian Schaap and Pauwke Berkers. "Grunting Alone? Online Gender Inequality in Extreme Metal Music" in Journal of the International Association for the Study of Popular Music. Vol.4, no.1 (2014) p. 101
- ↑ 2,0 2,1 Kahn-Harris, Keith, 1971- (2007). Extreme metal : music and culture on the edge. Oxford: Berg. ISBN 1-84520-399-2. OCLC 701719393.
- ↑ "Origins of Evil: The Birth of Extreme Metal". Metal Injection. 2015-09-01. Consultado o 2020-07-20.