Mercedes-Benz Clase R
Mercedes-Benz R | |
---|---|
Marca | Mercedes-Benz |
Fabricante | Mercedes-Benz |
País | Alemaña |
Período | ╴2017 |
Montaxe | Estados Unidos: Vance, Alabama e Mishawaka, Indiana |
Configuración | |
Plataforma | Mercedes-Benz W251 |
Carrozaría | Monovolume |
Tren motriz | |
Motor | 3.0L V6 3.5L V6 5.0L V8 5.5L V8 6.2L V8 |
Dimensións | |
Distancia eixes | SWB: 2980 mm LWB: 3215 mm |
Lonxitude | SWB: 4922 mm LWB: 5156 mm |
Anchura | 2006–2008: 1922 mm 2009–2017: 1958 mm |
Altura | SWB (2006–2008): 1674 mm LWB (2009–2017): 1661 mm |
Peso | 2130–2375 kg |
Relacionados | |
Relacionado | Mercedes-Benz Clase M Mercedes-Benz Clase GL |
Cronoloxía | |
Sitio web | |
www5.mercedes-benz.com… | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Mercedes-Benz Clase R é un monovolume do fabricante alemán Mercedes-Benz, comercializado desde o 2006. É o terceiro modelo monovolume da marca tras o Mercedes-Benz Clase A e o Mercedes-Benz Clase B.
Presentación
[editar | editar a fonte]A primeira vez que o Clase R foi visto foi no Salón do Automóbil de Detroit do ano 2001 como un prototipo Grand Sport Tourer. O modelo de produción presentouse no Salón do Automóbil de Nova York no ano 2005.
Produción
[editar | editar a fonte]O Clase R ten o código de fabricación V251, e móntase en Tuscaloosa (Alabama) e Cidade de México.
Ten un motor dianteiro lonxitudinal, tracción traseira ou ás catro rodas e carrocería de cinco portas; as catro portas laterais son pivotantes. Ofrécese con cinco, seis ou sete asentos distribuídos segundo a seguinte configuración 2-3, 2-2-2 e 2-3-2 respectivamente.
Os motores Diésel empregan desde 2009 a tecnoloxía BlueTec.
Gama de motores
[editar | editar a fonte]Nome | Motor | Potencia |
---|---|---|
Diésel | ||
R 280 CDI | 3.0 L V6 | 190 CV |
R 320 CDI | 3.0 L V6 | 224 CV |
Gasolina | ||
R 280 | 3.0 L V6 | 231 CV |
R 350 | 3.5 L V6 | 272 CV |
R 500 | 5.0 L V8 | 306 CV |
R 500 | 5.5 L V8 | 388 CV |
R 63 AMG | 6.2 L V8 | 510 CV |
Segunda xeración
[editar | editar a fonte]A segunda xeración do Clase R presentouse no ano 2010 no Salón do Automóbil de Nova York e comezará a venderse no ano 2011. O novo modelo presenta un deseño máis conservador có da primeira xeración. Ten dúas lonxitudes e opcións para acomodar a catro, cinco, seis ou sete ocupantes, así como tracción traseira ou integral. Unicamente ofrece unha transmisión de sete velocidades. Ao principio ofrecerase coas versións R300 CDI e R350 4Matic.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercedes-Benz Clase R |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Experience the R-Class - the Grand Sports Tourer (en inglés)
- Galería de fotos do R350 - FamilyCar.com (en inglés)