Henry Moore
Henry Spencer Moore, nado en Castleford (Yorkshire) o 30 de xullo de 1898 e finado en Perry Green (Hertfordshire) o 31 de agosto de 1986, foi un escultor e deseñador británico, que desenvolveu unha obra tridimensional fundamentalmente figurativa, con breves incursións na abstracción.
Fillo dun enxeñeiro de minas, Moore volveuse coñecido coas súas esculturas abstractas a grande escala, de bronce fundido e de mármore. Co apoio substancial da institución de arte británica, Moore axudou a introducir unha forma especial de modernismo no Reino Unido.
Formou parte da Federación de Artistas Británicos (Federation of British Artists), recibindo varias condecoracións.
Frecuentou o Leeds College of Art e o Royal College of Art de Londres. A súa primeira exposición individual ocorreu en Londres, en 1928, onde presentou 42 esculturas e 51 deseños.
Recibiu influencias sobre todo da arte mexicana precolombiana, así como da arte arcaica e renacentista, do Surrealismo e do Construtivismo. A esa cultura visual vasta e multiforme do artista sómase unha sensíbel capacidade de análise da natureza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moore naceu en Castleford, West Yorkshire, Inglaterra, e foi o sétimo de oito fillos de Raymond Spencer Moore e Mary Baker. Seu pai era un enxeñeiro de minas que chegou a segundo xerente da mina Wheldale, en Castleford. Era un autodidacta con interese na música e literatura, e comprendeu que o mellor camiño para o desenvolvemento dos seus fillos era darlles unha educación formal, decidíndose a non permitir que tivesen que traballar como el nunha mina.
Moore asistiu á escola primaria en Castleford, e comezou a modelar en arxila e a esculpir en madeira. Decidiu tornarse un escultor xa aos once anos, despois de ouvir das obras de Michelangelo. Aos doce anos, gañou unha bolsa de estudos para asistir a Castleford Secondary School (Escola secundaria), así como algúns dos seus irmáns. Alí, a súa profesora de arte introduciuno nos aspectos máis amplos da arte e, co seu encoraxamento, el decidiu facer da arte a súa profesión e prestar o exame para unha bolsa nunha facultade de arte local. Aínda que fose unha promesa precoz, os pais de Moore estaban en contra do seu interese pola escultura, que vían como un traballo manual sen moita perspectiva profesional. Mais, en lugar diso, despois dunha breve estadía como profesor estudante, fíxose profesor na escola á que antes asistira de alumno.
Educación
[editar | editar a fonte]En Leeds, Moore coñeceu a estudante de arte Barbara Hepworth, iniciando con ela unha amizade que iría durar moitos anos.
Moore tivo tamén o privilexio de introducirse na temática das esculturas tribais africanas por Sir Michael Sadler, na Leeds School. En 1921 gañou unha bolsa de estudos no Royal College of Art, en Londres, onde Hepworth fora estudar o ano anterior. En Londres, Moore refinou o seu coñecemento da arte primitiva e escultura, estudando os acervos etnográficos no Vitoria and Albert Museum e no British Museum.
As primeiras esculturas de ambos, Moore e Hepworth, seguían o padrón do estilo vitoriano romántico; a temática eran as "formas naturais", con paisaxes e animais como modelos figurativos. Moore sentíase cada vez máis incómodo con estas ideas, derivadas do concepto clásico. Co seu coñecemento do primitivismo, e influenciado por escultores como Constantin Brancusi, Jacob Epstein e Frank Dobson, el comezou a desenvolver un estilo de "escultura directa", no cal as imperfeccións do material e marcas deixadas polo uso das ferramentas de traballo fican incorporadas á escultura final.
Ao utilizar estas novas técnicas e conceptos tivo que loitar contra os seus profesores, que non apreciaban esta abordaxe moderna. Nun exercicio conxunto con Derwent Wood, profesor de escultura na RCA, Moore tiña que reproducir unha escultura en mármore de Domenico Roselli, A Virxe e o Neno, primeiro cunha modelaxe do relevo en xeso, en seguida, reproducíndoa en mármore usando a técnica de "apuntamento" (pointing). En vez diso, Moore esculpiuna directamente, simulando inclusive as marcas que terían que ter sido deixadas se se utilizasen os instrumentos da técnica do "apontamento" [1].
En 1924, Moore gañou unha bolsa de seis meses para estudar as grandes obras de Michelangelo, Giotto di Bondone e outros grandes mestres no norte da Italia. Mais, antes diso, Moore comezara a romper os seus lazos coa tradición clásica, aínda que, tempos despois, citase frecuentemente a Michelangelo como influencia.
Vida en Hampstead
[editar | editar a fonte]De regreso a Londres, Moore colleu o posto de profesor na RCA durante sete anos. Requiríuselle ensinar só dous días por semana, o que lle deu moito tempo para o seu propio traballo. En xullo de 1929, casou con Irina Radetsky, unha estudante de pintura na RCA. Irina nacera en Kíiv, o 26 de marzo de 1907, filla de pais ruso-poloneses. Seu pai desaparecera durante a Revolución Rusa de 1917 e súa nai fora un dos evacuados para París, onde casara cun oficial do exército británico. Irina entrou clandestinamente en París e alí asistiu á escola ata os 16 anos de idade, sendo entón enviada a vivir cos pais do seu padrasto en Buckinghamshire.
Pouco tempo despois do casamento mudáronse para un estudio en Hampstead, en Londres, xuntándose a unha pequena colonia de artistas que estaba alí comezando a medrar. Pouco tempo despois, Hepworth e o seu parceiro Ben Nicholson mudáronse para un estudio preto do de Moore, mentres Naun Gabo, Roland Penrose e o crítico de arte Herbert Read xa vivían na rexión. Isto levou a un florecemento de ideas que Read divulgaría , axudando a elevar o perfil público de Moore. A área tamén foi un punto de parada para un gran número de arquitectos e deseñadores refuxiados da Europa continental que ían para a América, moitos deles máis tarde encargarían obras de Moore.
No inicio dos anos 1930, Moore asumiu o cargo de xefe do Departamento de Escultura na Escola de Arte de Chelsea (Chelsea School of Art). Artisticamente, Moore, Hepworth e outros membros da Sociedade 7 e 5 (7 and 5 Society) desenvolverían traballos máis abstractos, influídos en parte polas súas frecuentes viaxes a París e polo contacto con artistas progresistas líderes, fundamentalmente Picasso, George Braque, Jean Arp e Alberto Giacometti. Moore interesouse polo surrealismo, xuntándose ao grupo Unit One Group, de Paul Nash, en 1933. Tanto Moore canto Paul Nash estaban na comisión organizadora da Exposición Internacional Surrealista de Londres (London International Surrealist Exhibition) en 1936. En 1937, Roland Penrose adquiriu de Moore un abstracto chamado Nai e Neno, feito en pedra, e que expuxo no xardín en fronte da súa casa en Hampstead. As pezas resultaron obxecto de disputa con outros veciños, levándose a cabo unha campaña contra el pola prensa local durante os dous anos seguintes. Neste tempo, Moore fixo gradualmente unha transición da escultura directa a escultura fundida en bronce, modelando maquetas preliminares en barro ou xeso.
Artista da guerra
[editar | editar a fonte]En 1917, no auxe da primeira guerra mundial, Moore foi chamado ao exército, sendo o máis novo do rexemento Prince of Wales's Own Civil Service Rifles. Foi ferido nun ataque de gas durante a Batalla de Cambrai, en Francia. E, despois de recuperarse no hospital, pasou o resto da guerra como adestrador físico. En total contraste coa maioría dos seus contemporáneos, a experiencia na guerra de Moore foi tranquila. Dixo máis tarde: "...Para min a guerra pasou como unha neboíña romántica, de tentar ser un heroe". Despois da guerra, recibiu a concesión de ex-combatente para continuar a súa educación e converterse no primeiro estudante de escultura na Leeds School of Art, en Leeds, en 1919 (a escola tivo que instalar un estudio de escultura especialmente para el).
En 1936 participou da Mostra Internacional Surrealista, na mesma cidade. Durante a segunda guerra mundial, impresionado polos bombardeos en Londres, fixo a famosa serie de deseños dos refuxiados nos refuxios antiaéreos (1940).
Recoñecemento internacional
[editar | editar a fonte]Amplamente recoñecido, en 1945 foi nomeado membro do Comité de Arte do British Council e recibiu o título honorario da Universidade de Londres. As súas esculturas presentaban o volume nun xogo dialéctico de cheos/baleiros, articulación rítmica de planos, unidade de concepción e monumentalidade. Concibía a forma, partindo dunha visión humanista e criterios orgánicos, dentro dunha tradición que remonta a Michelangelo. A observación e o estudo das formas da natureza nutrían a produción escultórica do artista, destinada a unha integración paisaxística: o oso purificado polo tempo, o seixo perforado e puído pola auga eran as formas arquetípicas da mitoloxía de Moore.
Considerado un dos maiores escultores contemporáneos, recibiu o Premio Internacional de Escultura na XXIV Bienal de Venecia (1948), na II Bienal de san Paulo (1953) e na V Bienal de Toquio (1959). En 1968 foi galardoado co Premio Erasmus.[2] En 1983, o Metropolitan Museum de Nova York presentou a retrospectiva "Henry Moore: 60 anos de arte" en homenaxe aos seus 85 anos de vida.
Legado
[editar | editar a fonte]As últimas tres décadas da vida de Moore continuaron nunha mesma liña, con varias grandes retrospectivas feitas en todo o mundo, principalmente unha exposición moi prominente no verán de 1972 no Forte di Belvedere en Florenza[3]. Ata ao final da década de 1970, había cerca de 40 exposicións por ano cos seus traballos.
O número de exposicións continuou a aumentar; e el finalizou Knife Edge Two Piece en 1962, para o Green College (Londres), localizado ao lado do Palacio de Westminster. Comentando:
Cando me foi ofrecido un lugar próximo á Cámara dos Lordes... gustei do lugar, tanto que non me preocupei en procurar un lugar alternativo en Hyde Park - esculturas solitarias poden ficar "perdidas" nun gran parque. Mais a Cámara dos Lordes é un lugar ben diferente. Fica ao lado dun lugar onde as persoas sempre pasan camiñando, aínda que teña poucos sitios onde un se poida sentar e contemplala con calma.
Xa posuidor dunha importante riqueza persoal creceu, Moore comezou a se preocupar co seu legado. Coa axuda da súa filla Mary, criou o Henry Moore Trust, en 1972, co obxectivo de protexer os seus bens. En 1977 pagaba cerca dun millón de libras por ano en impostos e, para atenuar esta carga tributaria, creou a Fundación Henry Moore como unha entidade de caridade rexistrada, con Irina e Mary como mandatarios. A fundación creouse para promover o recoñecemento público da arte e de preservar as esculturas de Moore. A fundación tamén administra o Instituto Henry Moore, en Leeds, que apoia exposicións internacionais e actividades de investigación en escultura.
Aínda que Moore rexeitou o nomeamento como cabaleiro británico en 1951, foi máis tarde agraciado co título da Orde dos Compañeiros da Honra, en 1955, e a Orde do Mérito, en 1963. El foi un fideicomisario, tanto da National Gallery, como da Tate Gallery. A súa proposta foi de que unha ala debería estar sempre dedicada ás súas esculturas, o que acabou espertando hostilidades por parte dalgúns artistas.
Henry Moore faleceu aos 88 anos, na súa casa en Hertfordshire. O seu corpo enterrouse no Artist's Corner na Catedral de St Paul.
O 15 de decembro de 2005, uns ladróns invadiron o patio da Fundación Henry Moore e roubaron unha estatua de bronce, cun valor estimado de 5,3 millóns de dólares. A obra de 1969/1970, coñecida como Reclining Figure LL608, posuía 3,6m de lonxitude e 2 m de altura, pesando 2,1 toneladas. Aínda que a fundación ofreceu unha cuantiosa recompensa por información que posibilitase a súa recuperación, témese que fose roubada para ser fundida e vendida como ferralla.[4]
Principais esculturas
[editar | editar a fonte]-
West Wind (1928) Portland stone, 55 Broadway, Londres
-
Family Group (1950) bronce, Barclay School, Stevenage
-
Three Piece Reclining Figure No. 1 (1961) bronce, Parque de escoituras de Yorkshire
-
Locking Piece (1963) bronce, banco de River Thames, Londres
-
Two Piece Reclining Figure No. 5 (1963-64) bronce, Kenwood House, Londres
-
Two Piece Reclining Figure No. 5 (1963-64) bronce, Kenwood House, Londres
-
Three Way Piece No. 2 (The Archer) (1964-65) Toronto City Hall Plaza
-
Three Forms: Vertebrae (1968-69), no Museo de Israel, Xerusalén.
Exposicións permanentes
[editar | editar a fonte]As esculturas e pinturas de Moore encóntranse en numerosas galerías de artes espalladas polo mundo. As máis coñecidas son:
- Galería de arte de Albright-Knox, Nova York
- Galería de arte de Ontario, Toronto, Canadá
- Fairfield Center for Contemporary Art, Sturgeon Bay
- Fundación Henry Moore Hertfordshire, Inglaterra
- Instituto Henry Moore, Leeds, Inglaterra
- Museo Hirshhorn, Washington, D.C.
- Museo de Arte Nelson-Atkins
- Pazo Imperial, Río de Xaneiro, Brasil
- Centro para as Artes Visuais de Sainsbury, Norwich, Inglaterra
- Galería Tate, Londres, Inglaterra
- Galería Wakefield City Art, Inglaterra
- Parque de esculturas de Yorkshire, próximo á Wakefield, Inglaterra
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Henry Moore - Traballos Arquivado 08 de decembro de 2004 en Wayback Machine. consultado o 02 de novembro de 2007
- ↑ Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ Artfacts.net - Henry Moore Arquivado 06 de novembro de 2004 en Wayback Machine. acesado en 02 de novembro de 2007
- ↑ Guardian Unlimited accedido o 01 de novembro de 2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sally O'Reilly e Clare Oliver (2003). Henry Moore. Scholastic Library. ISBN 0-531-16643-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henry Moore |