Eduardo Mendoza
Eduardo Mendoza Garriga, nado en Barcelona o 11 de xaneiro de 1943, é un escritor en lingua castelá e catalá. As súas principais obras son La verdad sobre el caso Savolta (1975) e La ciudad de los prodigios (1986).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De pai fiscal e nai ama de casa, estudou nos Maristas, para logo cursar a carreira de Dereito, que rematou en 1965. En 1966 viaxou a Londres cunha bolsa de estudos, volvendo á súa cidade natal para exercer a avogacía. No 1973 abandonou Barcelona para marchar a Nova York como tradutor da ONU. Regresou á cidade condal en 1982, aínda que ausentándose dela frecuentemente debido ás súas constantes viaxes. En Barcelona segue residindo actualmente. A súa parella, a directora e actriz Rosa Novell, faleceu en 2015.[1]
Literatura
[editar | editar a fonte]Deuse a coñecer en 1975 coa novela La verdad sobre el caso Savolta, censurada inicialmente polo franquismo. A obra recibiu un aplauso unánime da crítica. Recolle as lembranzas de Javier Miranda, espectador das tensións sociais que acontecen na Barcelona dos anos 1917 a 1919. Eduardo Mendoza combina as peripecias individuais e os acontecementos colectivos, con certos trazos de novela histórica. Mais, por embaixo dos sucesos, percíbese unha reflexión sobre o lugar e as actitudes do home no mundo que o arrodea, situándose tal reflexión tanto nun plano social e político, coma nun plano existencial. Todo isto cunha notable variedade de técnicas estruturais e estilísticas.
Introduciuse na novela negra con toques humorísticos coas súas dúas seguintes obras, El misterio de la cripta embrujada (1979) e El laberinto de las aceitunas (1982), para logo escribir a que moitos consideran a súa obra mestra: La ciudad de los prodigios (1986). Narra a chegada á Barcelona de 1887 dun campesiño arruinado, Onofre Bouvila, que atopa traballo como repartidor de propaganda anarquista entre os obreiros que traballan na Exposición Universal do ano seguinte.
Nos anos noventa inicia con Restauració (1990), a súa liña de escribir teatro en catalán, que posteriormente el mesmo traduce ao castelán, e novela en castelán, que mantén hoxe en día.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- La verdad sobre el caso Savolta (1975). Premio da Crítica de narrativa castelá.
- El misterio de la cripta embrujada (1979)
- El laberinto de las aceitunas (1982)
- La ciudad de los prodigios (1986)
- La isla inaudita (1989)
- Sen novas de Gurb (Sin noticias de Gurb, 1990)
- El año del diluvio (1992)
- Una comedia ligera (1996)
- El último trayecto de Horacio Dos (2001)
- La aventura del tocador de señoras (2001)
- Mauricio o las elecciones primarias (2006)
- El asombroso viaje de Pomponio Flato (2008)
- Tres vidas de santos (2009)
- El enredo de la bolsa y la vida (2012)
Teatro
[editar | editar a fonte]- Restauració (1990)
- Gloria (2008)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Nueva York (1986)
- Barcelona modernista (1989)
- Baroja, la contradicción (2001)
- ¿Quién se acuerda de Armando Palacio Valdés? (2007)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
En 2013, recibiu o Premio Planeta.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blanco (28 de febreiro de 2015). "Fallece en Barcelona la gran dama del teatro Rosa Novell". el mundo. Es (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2020.
- ↑ Fernández, Laura (16 de outubro de 2010). "Eduardo Mendoza gana el Premio Planeta". elmundo.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.