Saltar ao contido

David Bowie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Bowie

(2002) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David Robert Jones Editar o valor en Wikidata
8 de xaneiro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Brixton, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de fígado Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDavid Bowie Editar o valor en Wikidata
EducaciónRavensbourne University London (en) Traducir
Ravens Wood School (en) Traducir
City Literary Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica, artes visuais e Actuación Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín (1976–1978)
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, ocultista, produtor, vocalista, mimo, director de vídeos musicais, coleccionista de arte, produtor de cinema, músico, líder de banda, pianista, actor, saxofonista, guitarrista, cantautor, cantante, compositor, produtor musical, actor de cinema, compositor de cancións, libretista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop, música rock, Glam rock, Rock psicodélico, rock experimental, Art rock, hard rock, pop rock, pop psicodélico, rock alternativo, Soul, new wave, música ambiente, Jazz de vangarda, Art pop (pt) Traducir, rap, música electrónica e blue-eyed soul Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoSaxofón, guitarra, piano, voz, teclado, ARP 2500 (pt) Traducir, teclado e Batería Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoIso (gravadora) (pt) Traducir
Mercury Records
RCA Records
Bertelsmann Music Group
Rykodisc Records
Parlophone
Pye Records
Virgin Records
EMI
Columbia Records
RCA
Decca Records
Deram
Vocalion Editar o valor en Wikidata
Participou en
13 de xullo de 1985Live Aid (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeIman (1992–2016)
Angela Bowie (1970–1980) Editar o valor en Wikidata
ParellaOla Hudson (1974–1976)
Ava Cherry (1972–1975)
Cyrinda Foxe Editar o valor en Wikidata
FillosDuncan Jones
 () Angela Bowie
Lexi Jones
 () Iman Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webdavidbowie.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000309 Allocine: 751 Rottentomatoes: celebrity/david_bowie Allmovie: p82636 TCM: 20269 Metacritic: person/david-bowie TV.com: people/david-bowie IBDB: 78985
Facebook: davidbowie Twitter: DavidBowieReal Instagram: davidbowie MySpace: davidbowie Youtube: UC8YgWcDKi1rLbQ1OtrOHeDw TikTok: davidbowie BNE: XX969969 Souncloud: davidbowieofficial Spotify: 0oSGxfWSnnOXhD2fKuz2Gy iTunes: 551695 Last fm: David+Bowie Musicbrainz: 5441c29d-3602-4898-b1a1-b77fa23b8e50 Songkick: 468870 Discogs: 10263 Allmusic: mn0000531986 WikiTree: Jones-27942 Find a Grave: 156954098 Deezer: 997 Genius: David-bowie Editar o valor en Wikidata
David Bowie.

David Robert Jones, nado en Brixton (Londres) o 8 de xaneiro de 1947 e finado o 10 de xaneiro de 2016 en Nova York, foi un cantante inglés, coñecido artisticamente como David Bowie.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creceu na vila de Bromley, no condado de Kent, na actualidade parte do Gran Londres. Foi un dos artistas máis influentes da historia do rock, e a súa música deixou unha enorme pegada en varias xeracións de artistas. Durante a súa longa traxectoria, a súa música vinculouse con múltiples xéneros como o folk rock, o hard rock, o glam rock, o soul ou a música electrónica, demostrando unha gran facilidade para reinventarse e adaptarse ás novas tendencias musicais, nalgunhas ocasións inspirándoas ou anticipándose a elas. Por todo isto é popularmente coñecido como o Camaleón do Rock. Ademais de demostrar o seu talento na súa faceta musical como cantante, compositor, multi-instrumentista e produtor, tamén é actor, director de vídeos musicais e artista plástico.

Un dos feitos máis famosos da biografía de Bowie tivo lugar durante unha rifa estudantil. David naceu con ámbolos ollos azuis, pero nunha pelexa no patio do colexio, un alumno feriuno no ollo esquerdo cun compás, o que lle produciu unha heterocromía iridium, cambiando a cor azul a un ton verde gris por depósito de ferro secundario ó traumatismo. O compás non só provocou que a cor dun dos seus ollos se alterara, senón que provocou a parálise dos músculos do iris do ollo esquerdo, o que se converteu nun dos seus sinais de identidade.

En 1992 casou coa modelo Iman, coa que tivo a súa filla Alexandria. Anteriormente estivera casado con Angela Barnett (Angie), coa que tivo o seu fillo Zowie.

Finou en 2016, vítima dun cancro dezaoito meses despois de telo diagnosticado[1].

Biografía

[editar | editar a fonte]

A súa carreira musical comezou nos 60 como saxofonista e vocalista de varios grupos de Rhythm and blues. Un deles foi The Manish Boys, cos que chegou a gravar un sinxelo. Debido á popularidade de Davy Jones, de The Monkees, viuse obrigado a cambiar o seu apelido orixinal, elixindo Bowie en honra do famoso personaxe do Far West Jim Bowie.

A súa primeira gravación como solista foi o LP David Bowie de 1967. Este disco homónimo, influído polos grupos de pop británicos da época e a cultura mod, non tivo demasiado recoñecemento nesa época, inda que co paso dos anos os seus fans foron dándolle máis importancia. Posteriormente díxose que David Bowie pensou en facer un disco no que retomaría esas vellas cancións, co título de Toy. Algunhas delas foron rescatadas no disco dobre lanzado no ano 2000 Bowie At The Beeb.

Primeiros éxitos

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro grande éxito chegou en 1969 cunha canción de folk pop orquestrado na que narra a historia dun astronauta perdido no espazo chamado Major Tom e á que titulou Space Oddity en honra da película 2001: Unha odisea do espazo. Este tema abriría e daría nome ó seu segundo LP, no que se aproximaba á música psicodélica, corrente dominante nese momento. Foi o seu primeiro disco producido por Tony Visconti e tamén contou coa participación de Rick Wakeman, teclista do grupo Yes.

A este disco seguiríao The Man Who Sold the World (1971), onde empezou a colaborar o guitarrista Mick Ronson, considerado como un dos mellores guitarristas da historia do rock e peza esencial no son de Bowie a partir de entón. O disco estaba moi influído polo hard rock de grupos como Led Zeppelin, e non obtivo tanta repercusión como o anterior. En 1993 Nirvana fixeron unha versión do tema que lle deu título, obtendo un grande éxito en todo o mundo.

Época Glam

[editar | editar a fonte]

O seu seguinte disco foi Hunky Dory, no que incluiría as cancións Changes e Life on Mars?, dous dos seus grandes éxitos. Tamén neste álbum dedicaría cadansúa canción ós seus admirados Bob Dylan e Andy Warhol. Nesta época comezaría a xogar coa teatralidade e a ambigüidade sexual características do Glam rock, influído polos seus amigos Lindsay Kemp e Marc Bolan, quen por entón xa era unha grande estrela á fronte de T. Rex.

O éxito de masas chegaríalle en 1972 co seu seguinte LP, The Rise And Fall Of Ziggy Stardust And The Spiders From Mars, un álbum conceptual no que representa a historia dunha estrela do rock chegado doutro planeta, a quen chamou Ziggy Stardust, bautizando a súa banda de acompañamento como The Spiders From Mars. Este disco converteríase no máis célebre do Glam rock, e está considerado como un dos mellores e máis influentes na historia do rock.

Nesta época Bowie era omnipresente no pop, algo que queda patente coas súas colaboracións noutros discos importantes do xénero, producindo Transformer de Lou Reed, All The Young Dudes de Mott The Hopple e mesturando Raw Power de Iggy & The Stooges. A súa vida privada tamén deu que falar, xa que tanto el como a súa primeira esposa Angela Bowie, declarábanse abertamente bisexuais. Segundo conta a lenda do rock, o seu divorcio estivo motivado porque Angela sorprendeu a Bowie na cama con Mick Jagger, quen lle dedicaría o seu famoso tema Angie.

En 1973 volveu mudar á personaxe Aladdin Sane, no disco dese mesmo título, que o consolidou como un dos artistas máis populares do momento. O mesmo ano fai un aceno ó seu pasado mod publicando Pin Ups, un disco de versións de cancións dos 60 de artistas como The Rolling Stones, The Who ou The Kinks. Un ano máis tarde lanza Diamond Dogs, xa sen a colaboración de Mick Ronson, e The Spiders From Mars, un álbum inspirado na novela Nineteen Eighty-Four de George Orwell sendo a portada censurada en varios países.

Inda que Bowie e Iggy Pop desentendéronse dela, a película Velvet Goldmine -título tomado dunha canción de Bowie- pretende reflectir a relación entre ambos durante os anos dourados do Glam.

O Duque Branco

[editar | editar a fonte]

Durante a xira de Diamond Dogs, Bowie comezou a gravación do álbum Young Americans, orientando o seu son cara ao funk e o soul e rompendo coa estética Glam. De dita xira editaríase un álbum en directo titulado David Live e gravado no Philadelphia Tower Theater, no que quedará plasmado o gran cambio estilístico do artista.

O seu novo disco, que intentou ser unha crítica ó modo de vida estadounidense, incluíu o seu primeiro número 1 neste país, a canción Fame, coescrita e gravada con John Lennon. Durante 1975, Bowie consolidouse como unha megaestrela nos Estados Unidos; Young Americans mantívose nas listas de discos máis vendidos durante case un ano, e actuou nos programas máis famosos da época como Soul Train ou Dick Cavett Show; incluso chegaría a gravar un programa especial con Cher. En Gran Breataña tamén lograría o número 1 ese mesmo ano cunha reedición do sinxelo Space Oddity.

Nesta época a adicción de Bowie á cocaína alcanza altas cotas. A súa extrema delgadeza, a súa nova imaxe, co pelo louro-rubio engominado, e co seu aspecto totalmente alieníxena, sérvenlle en bandexa a súa primeira incursión no mundo cinematográfico protagonizando a película The Man Who Fell To Earth, na que interpreta un personaxe no que se inspiraría para crear o seu seguinte alter ego, The Thin White Duke (O Duque branco) no seu seguinte álbum Station to Station

Station to Station, editado en xaneiro de 1976, é para moitos o mellor disco de David Bowie, e foi co que logrou o seu mellor posto nas listas dos Estados Unidos. Un disco a medio camiño entre o funk e soul do seu antecesor e a experimentación electrónica que virá nas súas obras futuras. Nestas datas Bowie chega ó seu punto máis álxido no mercado estadounidense (no europeo xa o lograra na súa etapa Glam), e tras unha intensa xira que o leva a percorrer medio mundo regresa a Europa para comezar a súa etapa máis experimental.

En 1977, o cansazo do éxito e o seu interese polo emerxente krautrock alemán levárono a trasladarse a Berlín, onde realizou os seus tres seguintes discos, coñecidos como a Triloxía de Berlín. Nesta cidade compartiu piso con Iggy Pop e ambos se desintoxicaron da súa severa adicción ás drogas. Bowie axudou a Pop nos seus dous primeiros discos en solitario, The Idiot e Lust For Life, quen lle devolveu o favor colaborando no primeiro disco berlinés de Bowie, que se chamaría Low.

Este disco e os dous seguintes son producidos polo propio Bowie xunto a Tony Visconti, pero o factor decisivo no característico son da triloxía correría a cargo doutro supervivente do Glam Rock, Brian Eno, quen escribe e toca moitas das partes instrumentais das cancións, dotándoas de grandes influencias do krautrock e a música electrónica.

Malia que Low mantivo o filón comercial do artista, o seguinte álbum, Heroes, que contén a famosa canción do mesmo título, inspirada no Muro de Berlín, foi máis un éxito de crítica que de vendas. Bowie comezaría a pagar o prezo da súa experimentación cunha pésima promoción por parte da compañía discográfica.

En 1979, o disco Lodger pecharía esta etapa. O son opaco e experimental da Triloxía de Berlín sería determinante para varias das novas correntes musicais que se estaban orixinando por esas datas, como o Gothic rock, o Post punk, o Synth pop ou o New Romantic.

Volvendo a EEUU, Bowie grava Scary Monsters, o seu novo gran disco, editado en 1980, onde conecta coa furia e a forza da emerxente New Wave e os New Romantics, coa destacada colaboración do guitarrista Robert Fripp. De aquí xorde o sinxelo Ashes to Ashes, onde retomaría as desventuras do Major Tom, o protagonista de Space Oddity. Este disco foi nº 1 en Gran Bretaña e supuxo a volta do artista ás listas de éxitos e as grandes vendas despois da bancarrota que supuxera a 'triloxía Berlinesa' para a súa discográfica. Despois de gravar en 1982 un tema con Queen titulado Under Pressure, o Duque Branco inicia o seu período máis comercial, muda de discográfica (ata a data fora RCA) asinando un contrato multimillonario con EMI e grava o seu disco máis vendido: Let's dance (1983). Tanto o sinxelo que dá título ó álbum como China girl e Modern love convértense en grandes éxitos a ámbolos lados do Atlántico, e o disco logra vendas millonarias converténdose no disco máis vendido de 1983, tan só por detrás de Michael Jackson.

Unha xira mundial termina de consagrar a Bowie como un grande artista ó máis puro estilo de Elton John, Tina Turner ou Mick Jagger.

Á par, Bowie continúa cunha irregular carreira cinematográfica con traballos como The Hunger de Tony Scott (brillante película de vampiros) ou Bo Nadal, Mr. Lawrence de Nagisa Ōshima, que lle reportarían positivas críticas como actor.

En 1984 Bowie gravaría Tonight intentando repetir a fórmula comercial de Let's Dance. Malia que o disco foi outro grande éxito de vendas grazas ó sinxelo Blue Jean, as críticas foron moi severas co artista acusándoo de estancarse e perder esa aura tan característica de innovador que tivo durante os anos 70.

Bowie refuxiaríase no cine nos anos seguintes traballando nas películas Into the Night de John Landis, Absolute Beginners de Julian Temple, Dentro do labirinto de Jim Henson e The Last Temptation of Christ de Martin Scorsese.

En 1987 grava o que para boa parte dos seus seguidores[Cómpre referencia] é o seu peor disco, Never Let Me Down que xunto coa morna acollida da súa xira de presentación Glass Spider, obrigarían a Bowie a buscar unha nova vía musical e romper coa súa etapa máis comercial.

En 1989 Bowie forma un grupo chamado Tin Machine, co que, segundo as súas propias palabras, intentaba recoller o espírito das bandas punteiras do Indie rock do momento, como Sonic Youth ou The Pixies. Con este grupo grava dous discos de estudio, cos que non obtén o éxito de vendas agardado malia contar con boas cancións.

Dende os 90

[editar | editar a fonte]

Posteriormente seguiría experimentando en tódalas direccións demostrando, en discos como Black Tie White Noise, 1.Outside, Heathen (onde volveu a colaborar con Visconti) ou Reality, que o paso do tempo non facía minguar o seu talento musical nin na súa capacidade de innovación. O seu derradeiro traballo de estudo foi o álbum chamado Blackstar (que empregou o logotipo ★ no canto de letras na súa portada), publicado poucos días antes do seu pasamento, o 8 de xaneiro de 2016.

Ó longo da súa carreira versionou cancións e colaborou con grupos como The Cure, Iggy Pop, Blur, Placebo, Lou Reed, Queen, Mick Jagger, Pink Floyd ou recentemente The Arcade Fire e TV on The Radio. Artistas nados baixo a súa influencia son Nine Inch Nails, Pixies, Muse, Suede, Coldplay ou A.F.I., e os seus discos poden considerarse, despois dos do propio Bowie, o mellor exemplo dunha rica e polifacética carreira musical.

Os xéneros nos que se moveu foron o Folk, Hard Rock, Glam, Soul, R&B, Electrónica, New Wave, Dance, Post-punk, Industrial, Drum & Bass, Pop e Art Rock.

Orientación sexual

[editar | editar a fonte]

Buckley escribiu: «Se Ziggy confundiu tanto ao seu creador como ao seu público, gran parte desa confusión centrouse no tema da sexualidade». Bowie declarouse bisexual nunha entrevista con Melody Maker da edición de devandita revista do 22 de xaneiro de 1972, movemento que coincidiu co inicio do seu ascenso á fama coma Ziggy Stardust. Nunha entrevista realizada en stembro de 1976 para Playboy, Bowie dixo: «É certo, son bisexual, mais non podo rexeitar que empreguei este feito moi ben. Supoño que é o mellor que me pasou».[2]

Bowie coa súa dona Iman.

Nunha entrevista de 1983 coa revista Rolling Stone, Bowie dixo que a declaración pública da súa bisexualidade foi «o maior erro que cometín»[3], mentres que noutras ocasións dixo que o seu interese pola cultura homosexual e bisexual foi máis un produto dos tempos e da situación na que se atopaba que dos seus propios sentimentos; segundo describiu Buckley, Bowie dixo que foi guiado máis por «unha compulsión por burlar os códigos morais que por un verdadeiro estado biolóxico e psicolóxico do ser».

Blender interrogouno en 2002, sobre se aínda cría que a súa declarión pública foi o erro máis grande que xamais cometera e Bowie contestou:

«Interesante [longa pausa]. Non creo que fora un erro en Europa, mais foi moito máis difícil nos Estados Unidos. Non tiña ningún problema con que a xente soubera que era bisexual. Mais non tiña gañas de portar ningún estandarte ou ser o representante de ningún grupo de persoas. Eu sabía o que quería ser, compositor e intérprete, e sentín que a bisexualidade se converteu no titular dende este momento por longo tempo. Estados Unidos é un lugar moi puritano e creo que isto interpúxose no camiño de moitas cousas que quería facer».

Buckley opinaba sobre este período na vida de Bowie: «Un rompe tabús e un diletante [...] xoga coa intriga sexual pola súa capacidade de sobresaltar», e que «probabelmente sexa certo que Bowie nunca foi gai, nin sequera activa e consistentemente bisexual [...] fíxoo, de vez en cando, de acordo con Mary Finnigan, con que Bowie tivo un romance en 1969, o cantante e a súa primeira dona Angie «vivían nun mundo de fantasía [...] e crearon as súas fantasías bisexuais».Sandford conta como, durante o matrimonio, Bowie «fixo un fetiche positivo de repetir a ocorrencia de que el e a súa muller coñecéronse "fodendo o mesmo home". [...] O sexo gai foi sempre unha cuestión anecdótica e graciosa. Os gustos reais de Bowie inclinábanse cara outra banda evidentemente, a partir dun reconto parcial dos seus romances con mulleres».

Na biografía David Bowie - A Biography, escrita por Marc Spitz e lanzada en 2009, Spitz revelou que Bowie mantivo moitas experiencias homosexuais na súa adolescencia, citando unha frase que dixo Bowie nunha entrevista a Playboy en 1976: «Cando tiña 14 anos, o sexo de súpeto comezou a ser moi importante. Realmente non importaba con quen fose, sempre e cando fose un encontro sexual. Así que ás veces era un mozo aposto de clase dun colexio ou outro que levábame a casa e me fodía na miña cama de enriba».[4] Mais o biógrafo tamén recalca que os seus comentarios públicos sobre o sexo non tiña outra finalidade que non fose facer mercadotecnia e así recibir máis atención á súa obra «transgresora».[5]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]

Álbums en vivo

[editar | editar a fonte]
  • David Live (1974)
  • Stage (1978)
  • Rock Concer (1979)
  • David Bowie At The Tower Philadelphia (1982)
  • Best of Grunge Rock (1993)
  • Santa Monica 1972 (1995)
  • Ziggy Stardust and the Spiders from Mars Live (1995)
  • Live 1972 (1995)
  • RarestOneBowie (1995)
  • A Portrait In Flesh (1996)
  • Phoenix Festival CD (1996)
  • Live And Well (2000)

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Como actor

[editar | editar a fonte]

Como músico

[editar | editar a fonte]
  1. Castle, Jill (11-1-2016). "David Bowie dies aged 69 after cancer battle". Herald of Scotland (en inglés). Consultado o 11-1-2016. 
  2. "Interview: David Bowie". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2010. Consultado o 8 de xaneiro de 2011. 
  3. "David Bowie Calls Himself 'A Closet Heterosexual'". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 13 de maio de 2012. 
  4. "David Bowie, para ler no último volume". Consultado o 9 de xaneiro de 2011. 
  5. Helio Filho. "Biografia de David Bowie diz que bissexualidade era marketing". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]