Saltar ao contido

Charlie Chaplin

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaCharlie Chaplin

(1920) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Charles Chaplin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Charles Spencer Chaplin Editar o valor en Wikidata
16 de abril de 1889 Editar o valor en Wikidata
Walworth, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte25 de decembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Manoir de Ban, Suíza (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus
hemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemetery of Corsier-sur-Vevey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaManoir de Ban (en) Traducir (1953–1977)
Beverly Hills Editar o valor en Wikidata
EducaciónCuckoo Schools (en) Traducir
Black-Foxe Military Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura163 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Os Ánxeles (1914–1952)
Londres
Corsier-sur-Vevey
Chicago
Shepperton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, actor de teatro, autobiógrafo, compositor de bandas sonoras, realizador, actor, produtor, montador, produtor de cinema, compositor, humorista, actor de cinema, guionista, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1899 Editar o valor en Wikidata - 1976 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMutual Film Corporation (pt) Traducir (1916–1917)
Essanay Studios (pt) Traducir (1914–1915)
Estúdios Keystone (pt) Traducir (1914–1914) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCinema mudo, cinema de comedia, cinema dramático, cinema bélico, filme de acción, filme sobre crime, cinema de aventuras, filme de deportes, documental, Western, filme independente (pt) Traducir, cinema romántico, historical drama film (en) Traducir e filme histórico Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOona O'Neill (1943–1977), morte da persoa
Paulette Goddard (1936–1942), divorcio
Lita Grey (1924–1927), divorcio
Mildred Harris (1918–1920), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaJoan Barry (1941–1942) Editar o valor en Wikidata
FillosCharles Chaplin
 () Lita Grey
Sydney Chaplin
 () Lita Grey
Geraldine Chaplin
 () Oona O'Neill
Michael Chaplin
 () Oona O'Neill
Josephine Chaplin
 () Oona O'Neill
Victoria Chaplin
 () Oona O'Neill
Eugene Chaplin
 () Oona O'Neill
Jane Chaplin
 () Oona O'Neill
Christopher Chaplin
 () Oona O'Neill Editar o valor en Wikidata
PaisCharles Chaplin Editar o valor en Wikidata  e Hannah Chaplin Editar o valor en Wikidata
IrmánsWheeler Dryden
Sydney Chaplin Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
27 de decembro de 1977Funeral
setembro de 1918matrimonio (Os Ánxeles) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
base de datos rexional da biblioteca da cidade de Olomouc >>>:Chaplin, Spencer Charles, 1889-1977, Editar o valor en Wikidata
Sitio webcharliechaplin.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000122 Allocine: 5711 Rottentomatoes: celebrity/771481752 Allmovie: p12334 29141 Metacritic: person/charlie-chaplin TV.com: people/charles-chaplin IBDB: 85460
Facebook: CharlieChaplinOfficial Twitter: ChaplinOfficial LinkedIn: charlie-chaplin-official- Youtube: UCe7sQfrqTHc-hWXdenf7VxQ BNE: XX875586 Spotify: 6AmG7SNdlV9boPZ7dFVnLY iTunes: 780751 Musicbrainz: 043eefc9-9d94-4d06-b6f3-93252fa52154 Songkick: 186533 Discogs: 243896 WikiTree: Chaplin-117 Find a Grave: 1886 Deezer: 90878 Editar o valor en Wikidata

Sir Charles Spencer "Charlie" Chaplin, nado en Walworth (Londres, Inglaterra) o 16 de abril de 1889 e finado en Corsier-sur-Vevey (Suíza) o 25 de decembro de 1977, foi un actor, director de cine e compositor inglés que acadou a fama na era do cine mudo. Converteuse nunha icona mundial a través da súa personaxe "Charlot" (The Tramp en inglés, "O vagabundo"), e é considerado unha das figuras máis importantes da historia da industria do cine[1]. A súa carreira abrangue máis de 75 anos, dende a súa nenez na época vitoriana ata un ano antes da súa morte ós 88 anos.

A súa infancia estivo marcada pola pobreza e as dificultades. Como o seu pai estaba ausente e a súa nai tiña dificultades económicas, estivo dúas veces nun hospicio antes de cumprir os 9 anos. Cando tiña 14, a súa nai foi ingresada nun hospital mental. Chaplin comezou a interpretar dende moi cedo, pasando por salóns musicais e máis tarde traballando como actor e cómico. Con 19 anos entrou na prestixiosa compañía de Fred Karno, quen o levou canda el a América. Chaplin fixo a súa primeira aparición no cine no filme de Keystone Studios, Making a Living (1914). Axiña desenvolveu a súa personaxe de Charlot e conseguiu moitos admiradores. Chaplin dirixiu os seus propios filmes dende o comezo da súa carreira, e continuou a mellorar a súa arte trasladándose ás corporacións de Essanay, Mutual e First National. En 1918, xa era unha das persoas máis coñecidas do mundo.

En 1919, Chaplin co-fundou a distribuidora United Artists, que lle outorgou o control completo sobre os seus filmes. A súa primeira longametraxe foi O cativo ("The Kid", 1921), seguida por A Woman of Paris ("Unha muller de París", 1923), The Gold Rush ("A febre do ouro", 1925) e The Circus ("O circo", 1928). Rexeitou adaptarse ó cine sonoro durante a década dos anos 1930, producindo filmes sen diálogo como City Lights ("Luces de cidade", 1931) e Modern Times ("Tempos modernos", 1936). Chaplin introduciu a mensaxe política no seu seguinte filme, The Great Dictator, (O gran ditador 1940), no que satirizaba a Adolf Hitler. A década de 1940 estivo marcada polas controversias e a súa popularidade decaeu rapidamente. Foi acusado de ter simpatías comunistas e de casar con mulleres moito máis novas ca el, ó tempo que sufriu un escándalo de paternidade. O FBI abriulle unha investigación, e Chaplin foi forzado a deixar os Estados Unidos e asentarse en Suíza. Abandonou a personaxe de Charlot nos seus derradeiros filmes, coma Monsieur Verdoux (1947), Limelight ("Luces de escenario",1952), A King in New York ("Un rei en Nova York", 1957) e A Countess from Hong Kong ("Unha condesa de Hong Kong", 1967).

Chaplin escribiu, dirixiu, produciu, editou, protagonizou e mais compuxo a música de moitos dos seus filmes. Era un gran perfeccionista, e a súa independencia económica permitíalle pasar anos no desenvolvemento e produción dunha película. Os seus primeiros filmes caracterízanse polo estilo slapstick combinado co pathos, tipificados nas andainas de Charlot contra a adversidade. Así mesmo, nos seus filmes trataba temas políticos, sociais e autobiográficos. En 1972, como parte dunha renovada apreciación do seu traballo, recibiu un "Óscar honorífico" polo "incalculable efecto na arte de facer filmes durante este século".

Biografía

[editar | editar a fonte]

Infancia e adolescencia: os anos no music-hall

[editar | editar a fonte]
A nai, Hannah Chaplin.

Charles Spencer Chaplin naceu o 16 de abril de 1889, seguramente en East Street, en Walworth, Londres,[2] aínda que unha carta descuberta en 2011 afirmaba que nacera nunha caravana de Black Patch Park, un campamento xitano de Smethwick, preto de Birmingham.[3] Era fillo de dous artistas de music-hall: Charles Chaplin, pai e Hannah Harriette Hill, cantantes e actores de variedades de orixe xudeu, que no seu momento acadaron un razoable éxito. Non obstante, os seus proxenitores divorciáronse ben logo que Chaplin naceu e o neno quedou ao coidado da súa nai, que tivo que se ocupar ela soa del e mailo seu irmán. Lamentablemente, Hannah Harriette Hill non era unha muller moi equilibrada, e ao longo da súa vida pasou por diversos sanatorios mentais. En 1896, incapaz de conseguir un traballo, tivo que deixar a Charlie e a seu medio irmán Sydney nun orfanato en Lambeth. En 1903, cando Chaplin contaba 12 anos, o seu pai morreu alcoholizado, o que provocou un ataque de tolemia na súa nai. A muller tivo que ser ingresada no Cane Hill Asylum preto de Croydon, lugar onde permanecería ata 1921 cando Chaplin a trasladou a California. Hannah morrería en 1928.

A súa nai, Hannah, estaba no cumio da súa carreira artística co pseudónimo de Lily Harvey, cando a voz lle empezou a fallar. En 1894, o seu trilo quebrouse no medio dunha canción e o empresario mandou subir o pequeno Charles, de cinco anos, ó escenario, onde imitou a voz da súa nai incluíndo o desfalecemento final, para diversión do público. Así a todo, era un neno enfermizo que tivo que estar acamado durante semanas por mor dunha doenza grave. Charles Chaplin e mailo seu irmán foron á escola para nenos pobres de Hanwell, sufrindo unha severa disciplina e soportando as burlas dos seus compañeiros máis afortunados.

Con oito anos, saíu de xira con The Eight Lancaster Lads, un grupo de actores xuvenís afeccionados, que facían xiras polas vilas. En 1900, con 11 anos, o seu irmán Sydney (quen logo sería o seu apoderado en Hollywood) axudouno a preparar o espectáculo Giddy Ostende que se representou no Hipódromo de Londres. Pronto conseguiu o seu primeiro traballo estábel interpretando o repartidor de xornais "Billy" en Sherlock Holmes ata 1906. Logo uniuse ao espectáculo de variedades do circo Casey's Court Circus. A este traballo seguiulle, xunto ao seu irmán Sydney, o de pallaso na Fred Karno's Fun Factory, unha compañía de slapstick coa que entrou en Estados Unidos o 2 de outubro de 1912. En principio tratábase só dunha xira máis da compañía, pero Chaplin acabaría quedando durante anos nos Estados Unidos. Na compañía de Fred Karno, actuaba tamén Arthur Stanley Jefferson, que chegaría a ser o famoso Stan Laurel, co que Chaplin compartía camerino.

O cine mudo: os inicios na Keystone

[editar | editar a fonte]
Charles Chaplin na súa xuventude.

Chaplin chegou ó cine da man do produtor, director e actor Mack Sennett. Sennett fundara unha pequena produtora especializada na comedia de slapstick, a Keystone Film Company, coa que mantiña un alto nivel de produción grazas sobre todo ás "comedias de policías" e instaurara todo un estilo no eido cinematográfico. Ademais era un caza-talentos con moi bo ollo; cando asistiu á interpretación de Charles Chaplin contratouno inmediatamente. Era novembro de 1913; en decembro presentouse en Hollywood e en febreiro de 1914 estreaba a súa primeira curtametraxe Making a Living. Chegou a realizar 35 curtas dunha bobina durante aquel ano.

Porén, Chaplin tivo inicialmente algunhas dificultades para afacerse ao estilo da Keystone, ademais de que era inexperto no cine. Con todo, axiña logrou adaptarse e crear o seu propio estilo. Enseguida desenvolveu o seu personaxe do vagabundo (Charlot), rapidamente recoñecido e aplaudido polo público. Consecuentemente, foi gañando control creativo sobre as súas interpretacións e finalmente mesmo puido dirixir os seus filmes. En poucos anos converteuse na estrela da Keystone, claramente diferenciado do resto da produción do estudio. Xa en 1914 gañaba na Keystone a desorbitada cifra de 150 dólares semanais. Nese ano realizou a primeira longametraxe cómica da historia: Tillie's Punctured Romance.

A fama durante o período mudo

[editar | editar a fonte]

Precisamente, en 1914, Chaplin decidiu abandonar a Keystone e entrar nun estudio acabado de fundar: Essanay Studios, onde o seu salario pasou a ser de 1.250 dólares semanais, ademais de percibir 10.000 dólares adicionais por asinar o contrato. Para a Essanay chegaría a facer 14 filmes de dúas bobinas.

En 1916 pasou á Mutual e comezou a gañar 10.000 dólares semanais máis os 150.000 que percibiu pola sinatura do contrato. En 1917 asinou coa First National cun salario dun millón de dólares anuais, a cantidade máis alta pagada a un actor ata daquela.

En 1919, canso de que os seus proxectos cinematográficos estivesen en mans doutros, fundou con Mary Pickford, Douglas Fairbanks e David Wark Griffith, os estudios United Artists. Tal era a súa ansia de liberdade creativa que en 1923 presentou A Woman of Paris, que dirixía pero na que non actuaba (agás unha breve e desapercibida aparición) en contra da opinión de todos, e que resultou un fracaso nos Estados Unidos.

Con Jackie Coogan no filme O cativo.

O cine sonoro de Chaplin durante a década de 1930

[editar | editar a fonte]

A chegada do cine sonoro en 1927 supuxo para moitos cómicos do slapstick a fin das súas carreiras (por exemplo, Buster Keaton). Chaplin, ao contrario ca outros cómicos mudos, resistiuse teimosamente ao avance do sonoro ao longo da década de 1930. Só en 1940, con O gran ditador, unha sagaz sátira contra o fascismo cando aínda nos Estados Unidos predominaba a idea de non intervir na segunda guerra mundial, Chaplin realizou a súa primeira película sonora.

En 1931, Chaplin acadou o punto máximo da súa popularidade nos Estados Unidos con City Lights. Foi un momento doce, pero Chaplin simpatizaba neses anos coa esquerda política. Modern Times (1936) é unha crítica da explotación laboral e da pobreza. Estas filias políticas ían darlle problemas durante os anos seguintes cando o anticomunismo se espallou polo país.

Os escándalos da súa vida privada e a perda de popularidade nos EUA

[editar | editar a fonte]

Dende mediados da década de 1930, o público norteamericano foi desapegándose de Chaplin. Aínda que conseguira o éxito nos Estados Unidos seguía mantendo a nacionalidade británica, e esta foi unha das acusacións que empezaron a verterse contra el durante o macartismo.

Por outra banda, Chaplin viu exposta duramente á luz pública a súa vida privada e a súa preferencia por mulleres moito máis novas, case adolescentes. O 23 de outubro de 1918 casara con Mildred Harris; el tiña 28 anos e ela 16. Tiveron un fillo que morreu e unha vida matrimonial desastrosa, divorciándose en 1920. Máis tarde, o 26 de novembro de 1924 volveu casar con Lita Grey, moza á que coñecera durante a preparación de The Golden Rush. El tiña entón 35 anos e ela 16 e estaba embarazada. Tiveron dous fillos pero o matrimonio foi un inferno para Chaplin. O divorcio en 1926 foi un grande escándalo. Lita acusou a Chaplin de adulterio e de perversidade sexual. O tribunal asañouse co artista, quen acabou pagando 825.000 dólares á súa exmuller. Cando o xuízo rematou, os cabelos de Chaplin volvéranse canos. A publicación nos xornais das actas xudiciais, que incluían moitos detalles, supostos ou reais, da súa vida íntima con Lita, provocaron unha campaña aberta en contra de Chaplin.

Non obstante, en xuño de 1936 Chaplin volveu casar en segredo cunha moza máis nova; el tiña 47 anos e a noiva, a actriz Paulette Goddard, 26. Foi un matrimonio feliz aínda que acabaron divorciándose en 1942. Chaplin comezou a verse coa actriz de 22 anos, Joan Barry. Despois de rematada a relación, a actriz acusouno publicamente de ser o pai do fillo que esperaba. En maio de 1943 iniciouse un terrible xuízo no que, aínda que durante as audiencias as probas sanguíneas demostraron fidedignamente que Chaplin non era o pai da criatura, foi condenado a pagarlle unha pensión de 75 dólares semanais ao rapaz ata que cumprise os 21 anos. Máis adiante, Chaplin relacionouse coa filla do dramaturgo Eugene O'Neill, Oona O'Neill. Casaron o 16 de xuño de 1943, cando el tiña 54 anos e ela 17. Pero foi un matrimonio feliz e longo. Trouxeron oito fillos ao mundo.

As décadas de 1940 e 1950: o exilio dos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Esa azarosa vida amorosa non lle atraeu o fervor público. Máis aínda, as súas inclinacións políticas, o feito de insistir na súa nacionalidade británica e o acoso feroz dos xornais espertaron a xenreira dos antigos admiradores. A estrea da incomprendida Monsieur Verdoux en 1947, a partir dunha idea orixinal de Orson Welles, afastouno definitivamente do público.

Cando en 1952 Chaplin saíu dos Estados Unidos cara Inglaterra, presuntamente para unha estadía breve, sospeitábase que estaba a piques de ser chamado polo Comité de Actividades Antiamericanas. Ademais, presuntamente, o xefe do FBI, Edgar Hoover, ordenara elaborar un informe contra Chaplin. Tamén o fisco andaba á procura do inglés. Así que o cómico decidiu permanecer indefinidamente en Europa e instalouse en Suíza. Só regresaría fugazmente en abril de 1972 para recoller un Óscar honorífico.

Con todo, en 1952 aínda puido estrear Limelight unha amarga historia sobre cómicos vidos a menos.

Fóra dos Estados Unidos logrou realizar dous filmes máis. A King in New York, (1957) era unha atrevida sátira sobre o macartismo e sobre os Estados Unidos que ninguén apreciou no seu momento e que tardaría vinte anos en coñecer unha estrea no país. A Countess from Hong Kong (1967) pechou a súa filmografía. Tratábase da segunda película que dirixía sen interpretala. Pero Chaplin perdera o toque. Era unha boa película aínda que completamente fóra da época en que foi realizada. O empeño saldouse cun rotundo fracaso en recadación. Mais era igual; Chaplin, con fracasos e escándalos ás costas, xa era unha figura consagrada.

Últimos anos de vida

[editar | editar a fonte]

O 4 de marzo de 1975, despois de moitos anos, regresou a Inglaterra para ser nomeado sir pola raíña Isabel II. O 25 de decembro de 1977, mentres agardaba o Nadal en Vevey (Suíza), Charles Chaplin morreu. A morte chegoulle durante o sono, dun infarto. Máis tarde, o 3 de marzo de 1978, descubriuse que o seu corpo fora roubado do cemiterio nun intento de chantaxear os seus familiares. A policía desbaratou o plan e conseguiu recuperar os ósos de Chaplin e devolvelos á súa sepultura.

Recoñecementos artísticos

[editar | editar a fonte]
Estrela de Charlie Chaplin no Paseo da Fama de Hollywood.

Chaplin gañou dous Premios Óscar honoríficos. O 16 de maio de 1929 entregáronse os primeiros Óscars, que daquela aínda non se chamaban así. Chaplin estaba nomeado como mellor actor e mellor director de comedia por O circo (The Circus) pero non conseguiu ningún premio. En consecuencia, a Academia decidiu entregarlle un premio especial. Máis tarde en 1972 foille concedido outro máis pola súa achega ás artes cinematográficas.

Anteriormente, Chaplin tamén estivera nomeado nas categorías de mellor película, mellor actor, mellor guión orixinal por O gran ditador e na de mellor guión orixinal por Monsieur Verdoux (1947), mais en ningunha das ocasións conseguiu o galardón.

Non obstante, en 1973 recibiu un Óscar pola mellor música orixinal por Limelight. Por mor das súas dificultades con McCarthy e con Edgar Hoover, o filme non puido ser estreado nos Ánxeles en 1952, e acabou sendo presentado en 1972.

Malia todo, Charles Chaplin ten a súa estrela no Paseo da Fama de Hollywood ("Hollywood Walk of Fame", en inglés).

Chaplin foi nomeado Sir en 1975 á idade de 85 anos pola raíña Isabel II.[4] A honra propuxérase en 1931 e en 1956, pero foi vetado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, que expresou a súa preocupación polos supostos puntos de vista políticos de Chaplin e a súa decisión de casar en dúas ocasións con mozas de só 16 anos. Isto, prexudicaría a reputación do sistema de honras británico e a relación cos Estados Unidos.[5][6]

Valoración e influencia

[editar | editar a fonte]
Estatua de Chaplin en Londres.

Ata a actualidade, é considerado unha das figuras do espectáculo máis representativas do cine mudo así como unha icona do humorismo. Entre 1917 e 1918, o actor Billy West fixo unha vintena de filmes imitando a personaxe de Chaplin.[7] Catro anos despois da súa morte, a astrónoma ucraína Lyudmila Karachkina, descubridora de 131 asteroides, nomeou a un deles Chaplin 3623 na honra do actor.[8] Tamén foi caracterizado en diversas series de debuxos animados e, en 1985, foi honrado coa súa imaxe en selos postais no Reino Unido. A crítica expresou que acadara «un nivel de expresión dramática que nunca foi superado».[9]

Ademais de que se comercializaron distintos produtos coa imaxe de Chaplin, a IBM deseñou na década de 1980 comerciais cun imitador do cómico.[10] En 1992, Richard Attenborough coordinou un filme sobre a súa biografía titulado Chaplin, o cal recibiu un premio BAFTA.[11] O director John Woo, pola súa banda, dirixiu o filme Hua ji shi dai (1981), no que parodia The Circus. No 2001, o comediante británico Eddie Izzard interpretou o actor no filme The Cat's Meow, baseada na morte aínda sen resolver do produtor Tomas H. Ince durante un partido de fútbol, no cal Chaplin era un convidado.[12] O director italiano Pier Paolo Pasolini era seguidor dos seus filmes e no seu filme The Canterbury Tales, a personaxe de Ninetto Davoli é unha especie de recreación do vagabundo. Unha das fillas do actor, Josephine Chaplin tamén traballou no filme.[13]

Caricatura do actor xunto ó Felix the Cat (1923).

O diario Página/12, da Arxentina, analizando a súa obra, publicou: «Case sen excepción, Chaplin atopa nas contradicións do seu século o máis apaixonado material dramático e, sen dúbida, este feito valeulle a oposición da crítica que non aceptaba este criterio de "inmediatez temática" que o fixo transitar valentemente por camiños vencellados á sátira política».[9] A revista inglesa Time realizou un estudo, apoiado en enquisas e opinións de diversas publicacións de todo o mundo, polo que recoñecía a Charles Chaplin como unha das personalidades máis importantes do século XX.

En 1999, o American Film Institute definiuno como «o décimo actor máis célebre de tódolos tempos».[14] No 2008, o escritor Martin Sieff no seu libro Chaplin: una vida, escribiu: «Chaplin non era só un grande, era xigantesco». George Bernard Shaw describiuno como «O único xenio da industria do cine.»[15] Tamén destacóuselle ó actor que realizara humor durante a primeira e segunda guerra mundial, a Gran Depresión e o período ditatorial de Adolf Hitler, xa que deu entretemento a unha gran cantidade de persoas que sufrían as privacións propias da guerra e a perda dos seus familiares.[16]

En 2005, o seu sombreiro e o seu caxato foron poxados pola casa de remates Bonhams por $300.000, e no 2011, ó conmemorarse o 122º aniversario do seu nacemento, a compañía tecnolóxica Google lanzou un doodle con vídeo para conmemoralo.[17][18][19]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

A listaxe de películas pode ser incompleta. Algunhas películas, especialmente as curtametraxes do período mudo, poden aparecer con títulos distintos aos aquí presentados, debido a distintas vacilacións e ás distintas versións presentadas internacionalmente en países de lingua inglesa.

Curtametraxes mudas

[editar | editar a fonte]
  • Between Showers
  • A Busy Day
  • Caught in a Cabaret
  • Caught in the Rain
  • Cruel, Cruel Love
  • Dough and Dynamite
  • The Face on the Barroom Floor
  • The Fatal Mallet
  • A Film Johnnie
  • Gentlemen of Nerve
  • Getting Acquainted
  • Her Friend the Bandit
  • His Favorite Pastime
  • His Musical Career
  • His New Profession
  • His Prehistoric Past
  • His Trysting Place
  • Kid Auto Races at Venice
  • The Knockour
  • Laughing Gas
  • Mabel at the Wheel
  • Mabel's Busy Day
  • Mabel's Married Life
  • Mabel's Strange Predicament
  • Making a Living
  • The Masquerader
  • The New Janitor
  • The Property Man
  • Recreation
  • The Rounders
  • The Star Boarder
  • Tango Tangles
  • Those Love Pangs
  • Twenty Minutes of Love
  • The Bank
  • Charlie Chaplin's Burlesque on Carmen
  • By the Sea
  • The Champion
  • His New Job
  • His Regeneration
  • In the Park
  • A Jitney Elopement
  • Mixed Up
  • A Night Out
  • A Night in the Show
  • Shanghaied
  • The Tramp
  • A Woman
  • Work
  • Behind the Screen
  • The Count
  • The Fireman
  • The Floorwalker
  • One A.M.
  • The Pawnshop
  • Police!
  • The Rink
  • The Vagabond
  • The Bond
  • Chase Me Charlie
  • A Dog's Life
  • Triple Trouble
  • Pay Day
  • The Pilgrim

Longametraxes

[editar | editar a fonte]

(Como actor e director, agás que se indique o contrario)

  • Tillie's Punctured Romance (1914; actor)
  • Armas ó ombro (1918)
  • O cativo (1921)
  • The Nut (1921; aparición breve)
  • Souls For Sale (1923; aparición breve)
  • A Woman of Paris (1923; director e aparición breve).
  • A quimera do ouro (1925)
  • A Woman of the Sea (1926; produtor)
  • The Circus (1926).
  • Show People (1928; aparición breve)
  • Luces da cidade (1931)
  • Modern Times (1936)
  • The Great Dictator, O gran ditador 1940)
  • Monsieur Verdoux (1947)
  • Limelight (1952)
  • A King in New York (1957)
  • A Countess From Hong Kong (1967; director e aparición breve)

Outras informacións

[editar | editar a fonte]
  1. Cousins, p. 72; Kemp, pp. 8, 22; Gunning, p. 41, Sarris, p. 139, Hansmeyer, p. 3.
  2. (Lynn 1997, p. 39)
  3. «Express & Star» 18 de febreiro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2011.
  4. London Gazzete (1974), p. 8. Edición 46444.
  5. Reynolds, Paul (21 de xullo de 2002). "Chaplin knighthood blocked". BBC News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2010. Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  6. "Comic genius Chaplin is knighted" (en inglés). Reino Unido: BBC News. 4 de marzo de 1975. Consultado o 7 de xuño de 2011. 
  7. (Louvish 2005, p. 109)
  8. "10 cosas que no sabías de Charles Chaplin a 120 años de su nacimiento". cine bitácora. 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2010. Consultado o 15 de xuño de 2011. 
  9. 9,0 9,1 Arcella, I. R. "Chaplin". diario Página/12 (10). 
  10. «IBM Commercial with “Charlie Chaplin” and Fatty Arbuckle for iPad Arquivado 28 de outubro de 2014 en Wayback Machine.» Retroist.com. Consultado o 17 de febreiro de 2011.
  11. «Ficha de Chaplin (1992) en IMDb» IMDb.com. Consultado o 17 de febreiro de 2011.
  12. «Eddie Izzard Interview - The Cat's Meow Arquivado 16 de maio de 2014 en Wayback Machine.» Consultado o 17 de febreiro de 2011.
  13. (Rohdie 1995, p. 208)
  14. "AFI's 100 Years...100 Stars" (en inglés). Estados Unidos: Afi.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de xaneiro de 2011. 
  15. Walsh, John (2009). "The Big Question: Does Charlie Chaplin merit a museum in his honour, and what is his legacy?" (en inglés). Londres: The Independent. Consultado o 7 de xaneiro de 2011. 
  16. Martin Sieff. «Washington Times - Books» (21 de diciembre de 2008). Consultado o 17 de febreiro de 2011.
  17. "El sombrero y el bastón de Chaplin tienen nuevo dueño". Arxentina: diario La Nación. 17 de novembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2011. 
  18. Revista Generacción (15 de abril de 2011). «Google rinde homenaje a Charles Chaplin en doodle» Consultado o 9 de maio de 2011.
  19. Qué.es. «Doodle de Google para Charlie Chaplin: Se celebra el 122 cumpleaños del cómico con un vídeo que recrea el cine mudo Arquivado 27 de outubro de 2014 en Wayback Machine.» (15 de abril de 2011). Consultado o 15 de xuño de 2011.
  20. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]