Saltar ao contido

Cantón de Zürich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCantón de Zürich
Zürich (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°25′N 8°40′L / 47.41, 8.66
Estado federadoSuíza Editar o valor en Wikidata
CapitalZürich Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.520.968 (2018) Editar o valor en Wikidata (879,68 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.729 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude408 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoSchnebelhorn (en) Traducir (1.291,3 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoHigh Rhine (en) Traducir (330 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1351 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
6 de setembro de 1839Züriputsch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMario Fehr Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCantonal Council of Zürich (en) Traducir , (Escano: 180) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CH-ZH Editar o valor en Wikidata
Código NUTSCH04 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webzh.ch Editar o valor en Wikidata

O cantón de Zürich[1](en alemán Zürich, en francés Zurich, en italiano Zurigo, en romanche Turigt) é un dos vinte e seis cantóns suízos. Zürich, a súa capital, é coñecida como a metrópole máis pequena do mundo.

Zuric é o cantón máis poboado de Suíza, con máis de 1 300 000 habitantes. A lingua oficial do cantón é o alemán, aínda que a maioría da poboación fala un dialecto alemán chamado Züritüütsch, que é unha das variantes do Schwiizerdütsch.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O cantón sitúase ao norte dos Alpes. Limita ao norte co cantón de Schaffhausen e con Baden-Wurtemberg (Alemaña), ao sur cos de Zug e Schwyz, ao leste cos de Turgovia e Sankt Gallen, e ao oeste co de Argovia. Gran parte do lago de Zürich pertence ao cantón.

Ten 1.729 km², dos que o 80 % é considerado territorio produtivo. As fragas cobren 505 km², e os lagos 73 km². Os lagos máis importantes son o de Zürich, o Greifensee e o Pfäffikersee.

A maior parte do cantón está formada por estreitos vales fluviais estreitos dirixidos cara ao norte, desembocando no río Rin. As zonas máis motañosas están cara ao noroeste e o sueste. O río Linth é o principal afluente do lago de Zürich, do que sae o río Limmat, que constitúe o val máis importante do cantón.

O cantón de Zürich está constituído polos territorios adquiridos pola capital até finais de 1803. A parte baixa do cantón foi anexionada ao territorio zuriqués en 1362. A parte norte entrou a formar parte logo de que arrebatarlle aos Habsburgo a cidade de Winterthur en 1467. A constitución cantonal foi promulgada en 1869.

Economía

[editar | editar a fonte]

Gran parte do territorio é cultivado, especialmente cara ao norte e o leste, pero o cantón de Zürich non se considerada unha zona agrícola. A industria manufactureira predomina en todo o cantón, destacando as súas empresas e desenvolvemento técnico. No pasado foron importantes os tecidos de seda e algodón, e aínda seguen a ser actividades relevantes para a economía local. O cantón de Zürich é o de maiores ingresos da confederación Helvética, sendo sede de importantes empresas, ademais de contar coa cidade de Zürich, capital económica de Suíza.

Transporte

[editar | editar a fonte]

Os ferrocarrís atravesan os principais vales do cantón. O nó central de comunicacións está en Zürich, onde un gran número de ferrocarrís se conectan ao sistema nacional e internacional de transporte ferroviario. A estación de trens de Zürichh é a máis importante de Suíza, ademais de ser unha das máis transitadas do mundo. As principais compañías europeas, como SBB, ÖBB ou DB, conectan Zürich coas principais capitais de Europa.

O aeroporto máis importante de Suíza está tamén no cantón de Zürich, o Aeroporto Internacional de Zürich, a 12 km do centro da cidade, sede da compañía suíza de aviación, a Swiss International Air Lines.

Distritos

[editar | editar a fonte]
Distritos del cantón de Zürich.

O cantón de Zürich está dividido en doce distritos:

Véxase tamén: Comunas de Zürichh.
Cidades do cantón de Zürich.
Comuna Poboación
a 31/12/2005
Zürich 343.157 habitantes
Winterthur 92.963 habitantes
Uster 29.730 habitantes
Dübendorf 22.562 habitantes
Dietikon 22.104 habitantes
Wetzikon 19.313 habitantes
Wädenswil 19.298 habitantes
Horgen 17.812 habitantes
Kloten 16.949 habitantes
Thalwil 16.281 habitantes
Adliswil 15.623 habitantes
Regensdorf 15.425 habitantes
Volketswil 15.097 habitantes
Illnau-Effretikon 15.021 habitantes
Bülach 14.815 Habitantes
Schlieren 13.211 habitantes
Küsnacht 12.869 habitantes
Opfikon 12.779 habitantes
Stäfa 12.721 habitantes
Wallisellen 12.367 habitantes
Zollikon 11.770 habitantes
Meilen 11.767 habitantes
Richterswil 11.359 habitantes
Rüti 11.347 habitantes
Affoltern am Albis 10.133 habitantes
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zuriqués.