Saltar ao contido

August Wilhelm von Schlegel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAugust Wilhelm von Schlegel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1767 Editar o valor en Wikidata
Hannover, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 1845 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Bonn, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAlter Friedhof Bonn (pt) Traducir 50°44′09″N 7°05′33″L / 50.7358654, 7.0925387 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bonn Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, dramaturgo, romanista, profesor universitario, indólogo, escritor, historiador da literatura, poeta, tradutor, crítico literario, Sanskrit scholar (en) Traducir, filósofo, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1801 Editar o valor en Wikidata - 1845 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de Jena Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoRomanticismo, Romantismo na Alemanha (pt) Traducir e Círculo de Jena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlberte de Saxonia Coburgo Gota Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalFriedrich von Schlegel: Schlegel brothers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoHermann Brockhaus, Christian Lassen e Johann Gildemeister Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeCaroline Schelling (1796–1803) Editar o valor en Wikidata
PaiJohann Adolf Schlegel Editar o valor en Wikidata
IrmánsFriedrich von Schlegel
Henriette Ernst
Charlotte Ernst Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шлегель Август Вильгельм)
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3073989 BNE: XX878350 iTunes: 31470364 Musicbrainz: 81ab9374-7d4e-4e57-841d-dbd0c1f27d18 Discogs: 2108055 IMSLP: Category:Schlegel,_August_Wilhelm WikiTree: Schlegel-1082 Find a Grave: 12692 Editar o valor en Wikidata

August Wilhelm von Schlegel, nado en Hannover o 8 de setembro de 1767 e finado en Bonn o 8 de maio de 1845, foi un escritor, tradutor e crítico literario alemán, como o seu irmán Friedrich von Schlegel

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, Johann Adolf Schlegel, era un pastor luterano e un compositor de himnos sagrados. En 1787 iniciou os seus estudos na Universidade de Gottinga, onde emprendeu os estudos de teoloxía, filoloxía clásica e estética. Tras ter rematado os estudos prestou servizo como preceptor privado en Ámsterdam e en 1796 volveu a Jena para traballar como crítico literario. Naquel mesmo ano casou con Caroline Michaelis, coa cal comezou as traducións ao alemán das obras de Shakespeare. A súa actividade literaria comeza en 1798: nese ano publicou en Berlín, coa colaboración do seu irmán Friedrich e outros pensadores e poetas como Friedrich Schelling, Ludwig Tieck e Novalis a revista Athenaeum, que foi portavoz da primeira fase do Romanticismo alemán, o do Grupo de Jena.

Despois ensinou historia da arte e literatura en Bonn, localidade da súa amada e onde decidiu que había ser soterrado. Nos derradeiros anos de vida foi tamén crítico teatral e literario.

Entre as súas obras principais salienta sobre todo o Vorlesungen über drammatische Kunst und Literatur (ou sexa, Leccións sobre arte dramática e literatura, celebrado en Viena en 1809 e publicado en Heildelberg nese mesmo ano. Unha primeira publicación saíu en Italia, en Milán, en 1817 por obra de Gherardini), iniciado en 1809 e rematado de dar ao prelo dous anos máis tarde. Tal libro tivo vasta difusión en Europa e constituíu un punto de referencia teórico para os diferentes movementos románticos (pola súa literatura estivo influenciado Alessandro Manzoni na elaboración da súa crítica á traxedia clásica).

Fervente liberal, patriota e amigo de Germaine de Staël, entre 1808 e 1817 Schlegel viaxou con ela en Europa, difundindo tamén no exterior as súas teorías poéticas.

Tiveron notábel influencia sobre o teatro romántico alemán as apreciábeis traducións de Schlegel de dezasete obras de William Shakespeare, que contribuíron a facer coñecer en Alemaña o gran dramaturgo inglés. Importantes foron tamén as súas traducións das obras de Pedro Calderón de la Barca así como a incompleta da Divina Comedia (1791), que deu inicio aos estudos románticos sobre Dante.

Entre 1823 e 1830 publicou a revista Indische Bibliotek e editou (1823) o Bhagavad-Gītā cunha tradución ao latín, e o Ramaiana (1829). Estas obras marcan o comezo dos estudos de sánscrito en Alemaña. Menos importantes son as súas obras poéticas e o drama Ión (1803), inspirado na traxedia grega homónima de Eurípides.

Filosofía da linguaxe

[editar | editar a fonte]

Nas súas Cartas sobre a Poesía de 1795 e dirixidas a unha imaxinaria Amalie, Schlegel discute sobre a orixe da linguaxe, temática que retomará de maneira máis profunda nas súas lecturas universitarias de Jena e Berlín. Na súa discusión sobre o tema da orixe da lingua humana, Schlegel contrapón dúas escolas tradicionais de pensamento, a primeira, a que sostén que a linguaxe naceu como pura imitación dos obxectos e eventos externos, e a segunda, segundo a cal a linguaxe humana naceu simplemente como mera expresión espontánea das emocións humanas por medio de sons. Os autores aos que fai referencia son diversos, Condillac, Hemsterhuis, Karl Phillipp Moritz, August Ferdinand Bernhardi, Johann Gottlieb Fichte, Johann Gottfried Herder e Rousseau. Na súa opera, porén, Schlegel non concorda con ningunha das dúas posicións, sostendo que a análise sobre a orixe da linguaxe humana debe ter ante todo un instrumento de investigación adecuado fundado na pura e simple racionalidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]