Anderlecht
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Rexión | Rexión de Bruxelas-Capital | ||||
Distrito | distrito de Bruxelas-Capital | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 120.887 (2020) (6.749,69 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa (valor oficial) lingua neerlandesa (valor oficial) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 17,91 km² | ||||
Bañado por | Canal Bruxelas-Charleroi (pt) | ||||
Altitude | 21 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Guido de Anderlecht (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Fabrice Cumps (2020–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 1070 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 02 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Hammersmith e Fulham (1955–) Boulogne-Billancourt (1955–) Zaanstad (pt) (1955–) Neukölln (pt) (1955–) Marino (pt) (1976–) Sainte-Maxime (2000–) | ||||
Sitio web | anderlecht.be | ||||
Anderlecht é un dos dezanove municipios da rexión de Bruxelas-Capital.[1]
Ten unha superficie de 17,74 quilómetros cadrados e, a 1 de xaneiro de 2019, unha poboación de 119.714 habitantes.
Limita, ademais da cidade de Bruxelas, con Dilbeek, Forest, Molenbeek-Saint-Jean, Sint-Pieters-Leeuw e Saint-Gilles.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai constancia de que o concello xa estaba habitado na idade de pedra, aínda que o nome da vila non aparece por primeira vez até 1047.
Idade Media
[editar | editar a fonte]Nos primeiros escritos aparecen catro vilas ocupando o territorio actual: Anderlecht, Cureghem, Aa e Neerpede.
Durante a Baixa Idade Media, construíuse a colexiata gótica Saints-Pierre-et-Guidon, construída sobre unha cripta romana.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]En 1521 o humanista Erasmo de Rotterdam pasou alí uns meses, aloxándose cuns monxes locais. A Universidade actual leva o seu nome.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]En 1791, Charles François Dumouriez loitou alí contra os austríacos. Durante o século XIX adquiriu importancia grazas á expansión urbana e industrial de Bruxelas (barrio obreiro de La Roue), e despois da Segunda guerra mundial a súa poboación aumentou drasticamente.
Actualidade
[editar | editar a fonte]Cando se decidiu a rexionalización de Bélxica en 1981, pasou a formar parte da Rexión de Bruxelas-Capital.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución
[editar | editar a fonte]Todos os datos históricos relacionados co concello actual, a seguinte gráfica reflicte a súa evolución demográfica.
Gráfica de evolución demográfica de Anderlecht entre 1846 e 2020 |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- O Museo de China, que reúne numerosos documentos e obxectos que a congregación Scheut trouxo da súa acción na China, como un Buda de bronce que data do século XV e numerosos retratos de misioneiros. Este museo foi establecido no actual convento de monxas e describe aspectos da vida cultural e artística da antiga China.
- O Musée bruxellois de la gueuze (Museo da Cervexa de Bruxelas), situado na última cervexaría artesanal de Bruxelas (creada en 1900 ) aínda en funcionamento: a cervexaría Cantillon .
- Estatua de Jean-Claude Van Damme Presentada o 21 de outubro de 2012, a escultura de 1,74 metros de peso tonelada e media foi feita por Guy Ducheyne e representa o maior artista marcial belga de todos os tempos no auxe da súa carreira.
Deportes
[editar | editar a fonte]O municipio é famoso polo seu equipo de fútbol, o Royal Sporting Club Anderlecht (RSC Anderlecht) que gañou o campionato da liga belga 28 veces. É o mellor equipo belga en competicións europeas e tamén da Primeira División belga. Tamén é coñecido o RSC Anderlechtois de rugby.
Cidades irmanadas
[editar | editar a fonte]- dende 1955 :
- dende 2000 :
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anderlecht, de Belgica - Embajada de Belgica". www.embajadadebelgica.org. Consultado o 2022-05-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anderlecht |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de Anderlecht (en francés e neerlandés)