Saltar ao contido

A Estrada

Modelo:Xeografía políticaA Estrada
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°41′21″N 8°29′14″O / 42.689166666667, -8.4872222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalA Estrada Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación20.081 (2023) Editar o valor en Wikidata (71,46 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie281 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude281 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Estrada Editar o valor en WikidataGonzalo Louzao Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais na Estrada Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36680 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36017 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webaestrada.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451617

A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 20 661 habitantes, dos cales 419 eran de orixe estranxeira. O concello ten 51 parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é estradense,[1] «estradés» ou «estratense» (forma culta).[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total (2018) 20 661 habitantes
Menores de 15 anos 2455 (11.88 %)
Entre 15 e 64 anos 12 477 (60.39 %)
Maiores de 65 anos 5 729 (27.73 %)
Evolución da poboación da Estrada   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
23.916 26.623 28.169 25.719 22.217 21.828 21.759 21.657 21.464 21.197 21.025 20.891 20.700 20.661 20.479 20.351 20.261
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

A xurisdición de Tabeirós ten a súa orixe en tempos do rei suevo Miro, no século VI, e aparece citada no Cronicón Iriense como pertencente á diocese de Iria. No século XII, o arcebispo Xelmírez e o rei Afonso VII de Castela trocaron a terra de Tabeirós (que pasou a ser da mitra compostelá) por Tabeirolos e o castro de Faro. A xurisdición abarcaba o actual concello da Estrada, con excepción das parroquias de Vea. A xurisdición de Tabeirós incluía os coutos de Vea, Codeseda, Vega e Oca, e o Couto do Viso.

En 1836 iniciáronse as reunións para a unión destes concellos noutros maiores ou nun só. O 1 de xaneiro de 1837 uníronse os Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós. O concello formouse en Cereixo, con sede en Pernaviva, xa con 51 parroquias (incluída A Estrada, que aparece por primeira vez, formada polos lugares de Figueiroa de Arriba, Figueiroa de Abaixo, Rodeiro, Regueiro, Pedregal, Vilabrasil e Vilar). Logo de tres anos de enfrontamentos entre absolutistas e liberais, en 1840 tivo lugar a destitución do concello de Cereixo, solicitando que o nome do concello fose A Estrada, aprobándose a mudanza o 23 de xaneiro de 1841.

O partido xudicial da Estrada inclúe ós concellos de Forcarei e Cerdedo.

O 6 de xullo de 1859 concedéuselle á Estrada o título de Vila por Real Decreto. En 1878, o rei Afonso XII outorgou ó concello o tratamento de Ilustrísimo, e en 1912, o seu fillo Afonso XIII, o de Excelentísimo.

Ata 1940 editouse na vila o xornal El Emigrado.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome procede[3] do latín strata ("terra pisada por onde se anda; camiño")[4]. Neste lugar cruzábanse dous camiños: o que ía de sur a norte, desde a Terra de Montes, Ourense e Portugal, que seguían os arrieiros e peregrinos cara Santiago de Compostela, e de leste a oeste, desde o Deza, Trasdeza e o interior de Galiza, por onde arrieiros e, máis tarde, carrilanas, se dirixían á costa.

Como premisa dunha hipótese máis complexa, Cabeza Quiles [5] baséase na escaseza documental da voz estrada (fronte a strata) nos tombos de Sobrado dos Monxes, Samos ou Oseira observada por Pensado Tomé, así como a súa ausencia tamén de datos en Mondoñedo, Celanova, San Pedro de Ramirás ou San Pedro de Rocas e na antiga lexicografía do padre Sarmiento, do padre Sobreira, Xoán Manuel Pintos, Cornide e Cuveiro. A súa teoría supón a perda do uso común deste lexema para máis tarde recuperarse co significado actual de estrada, hipótese compartida por Benigno Fernández Salgado. Como topónimo da actual capital de concello, utilizábase inicialmente Tabeirolos (que deu Tabeirós) e logo contra 1600 San Paio de Figueroa, ata a época de Sarmiento que documenta A Estrada contra 1750. Polo tanto, e sempre segundo Cabeza Quiles, a data de aparición é demasiado serodia para que o topónimo proceda do latín (via) strata (participio do verbo sternere, "espallar, botar pedra por riba do chan; empedrar") e propón un étimo alternativo no participio do verbo galego estrar ("botar estrume nas corredoiras con lama, sobre todo en inverno").

Goberno e política

[editar | editar a fonte]
Casa do Concello

Actualmente, o alcalde do concello da Estrada é José Carlos López Campos do PPdeG. O anterior alcalde foi José Antonio Dono López, do Partido Socialista Obrero Español, quen lle arrebatou a alcaldía ao popular Manuel de la Calle, sucesor do anterior alcalde Ramón Campos Durán, tralas eleccións de 2007. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do BNG, son o Partido Popular, cuxo portavoz no pleno foi Miguel Ramón de la Calle Amaro, o Bloque Nacionalista Galego con Xosé Magariños Maceiras e Movemento Veciñal Estradense (MÓVETE) con María del Mar Blanco Casais.

O concello da Estrada estrutúrase en diferentes concellerías: de cultura e normalización lingüística, de servizos municipais: deportes, mocidade, transportes e alumeado público; de ambiente; de benestar social e participación cidadá, de promoción económica, turismo e comercio e policía local; e de obras. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia celébranse plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao concello.

A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente por 9 concelleiros do PPdG. A corporación municipal está formada por 21 membros, 11 do PPdeG, 8 do PSdeG-PSOE, 1 de Móvete e 1 do BNG.

Eleccións municipais de 2019

[editar | editar a fonte]
Partido Político Escanos Diferenza escanos Votos Repartimento de escanos
PPdeG 12 +1 6.585
12 / 21
PSdeG-PSOE 6 -2 3.427
6 / 21
MOVETE 2 +1 1.511
2 / 21
BNG 1 = 826
1 / 21
CxG 0 novo 118
0 / 21

Outras eleccións municipais

[editar | editar a fonte]
Elecciones municipais, 25 de maio de 2003[6]
Partido Votos % Concelleiros
PP 7.394 52,57 % 12
PSOE 3.469 24,67 % 5
BNG 2.820 20,05 % 4
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[7]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 6168 42,6 % 9
PP 4472 30,89 % 7
BNG 1901 13,13 % 3
CIDEGA 1390 9,6 % 2

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes da Estrada

Festividades

[editar | editar a fonte]

Son famosas a Festa do Salmón e a rapa das bestas de Sabucedo. As festas patronais son na honra a San Paio e celébranse a última semana de xuño, sendo o día grande o 26 de xuño.[8]

[editar | editar a fonte]
  • As nenas de Paradela/ elas son moi bailadoras,/ bailan na punta do pé/ como se foran señoras [9].
  • Canta, miña prima, canta./ ¡No adro de Paradela/ non entra mellor garganta [10].
  • O pandeiro toca ben,/ as ferreñas danlle o son,/ as meniñas que o tocan/ de Paradela elas son [11].

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Estrada

Agar (Santa Mariña) | Aguións (Santa María) | Arca (San Miguel) | Arnois (San Xiao) | Baloira (San Salvador) | Barbude (San Martiño) | Barcala (Santa Mariña) | Berres (San Vicenzo) | Callobre (San Martiño) | Cereixo (San Xurxo) | Codeseda (San Xurxo) | Cora (San Miguel) | Couso (Santa María) | Curantes (San Miguel) | A Estrada (San Paio) | Frades (Santa María) | Guimarei (San Xiao) | Lagartóns (Santo Estevo) | Lamas (San Breixo) | Liripio (San Xoán Bautista) | Loimil (Santa María) | Matalobos (Santa Baia) | Moreira (San Miguel) | Nigoi (Santa María) | Oca (Santo Estevo) | Olives (Santa María) | Orazo (San Pedro) | Ouzande (San Lourenzo) | Parada (San Pedro) | Paradela (Santa María) | Pardemarín (Santa Baia) | Remesar (San Cristovo) | Ribeira (Santa Mariña) | Ribela (Santa Mariña) | Riobó (San Martiño) | Rubín (Santa María) | Sabucedo (San Lourenzo) | San Miguel de Barcala (San Miguel) | San Miguel de Castro (San Miguel) | San Pedro de Ancorados (San Pedro) | San Tomé de Ancorados (San Tomé) | San Xiao de Vea (San Xiao) | San Xurxo de Vea (San Xurxo) | Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) | Santeles (San Xoán) | Santo André de Vea (Santo André) | A Somoza (Santo André) | Souto (Santo André) | Tabeirós (Santiago) | Toedo (San Pedro) | Vinseiro (Santa Cristina)

Lugares da Estrada

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Estrada vexa: Lugares da Estrada.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estradense.
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 19, 47. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. (Costas González 2016, p. 19)
  4. Cabeza Quiles, Fernando (2006). Algúns topónimos das parroquias da Estrada, Matalobos, Ouzande e Toedo (PDF). A estrada, Miscelánea histórica e cultural 9. p. 115. 
  5. Fernando Cabeza Quiles (2008:257, 258, 260, 263) Toponimia de Galicia. Vigo:Editorial Galaxia
  6. Eleccións municipais de 2003
  7. Eleccións municipais de 2007
  8. aestraga.gal (ed.). "Festas". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  9. Fermín Bouza-Brey, en Nós 90, 15.06.1931, 108. Santa María de Paradela é unha parroquia do concello da Estrada.
  10. Fermín Bouza-Brey, en Nós 96, 15.12.1931, 236.
  11. Fermín Bouza-Brey, en Nós 90, 15.06.1931, 108. No orixinal: danlle o són.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]