Saltar ao contido

Vitamina B5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ácido pantoténico»)
Vitamina B5

A vitamina B5 ou ácido pantoténico é unha vitamina hidrosoluble (soluble en auga) que intervén como compoñente do coenzima A e doutras moléculas importantes.[1]

Desempeña un papel moi importante no funcionamento do metabolismo celular e do sistema nervioso e inmunitario. Esta vitamina utilízase no tratamento das alopecias, enfermidades das uñas e cambras do embarazo. Tamén se utiliza no tratamento de acne, xa que practicamente non ten efectos secundarios e dá moi bos resultados.

Atópase na maioría dos alimentos, sobre todo en ovos de ave e de peixe, fígado, ril, lácteos e fermento. Fontes de orixe vexetal: aabaza, cacahuetes, fermento de cervexa, pemento doce, tofu, arroz integral, améndoas, pipas de xirasol, entre outros.[1]

A falta de ácido pantoténico pode provocar infertilidade e insuficiencia renal, aumento de fatiga e tensión, caída do cabelo, feridas e úlceras cutáneas e alteracións na sensibilidade dos pés.[2]

  1. 1,0 1,1 "Para que serve a Vitamina B5" (en portugués). Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  2. Cervera 2003, pp. 85-86.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibiliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cervera, Cala (2003). Nutrición ortomolecular (en catalán). Barcelona: Grasindo.