Profelis
Profelis | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Profelis aurata = Caracal aurata | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Profelis aurata (Temminck, 1827) | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Profelis é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1][2]
É un xénero monotípico, xa que so inclúe unha especie, Profelis aurata.[1][2]
Taxonomía
editarDescrición
editar- Xénero
O xénero foi descrito en 1827 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, nun traballo publicado en Revue Mag. Zool. Paris, (2) 10: 386.[1]
- Especie
A especie foi desrita en 1827 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck, baixo o nome de Felis aurata.[3]
Etimoloxía
editarO nome científico Profelis está fomado polo elemento do latín científico pro-, derivado da preposición latina prō, 'diante de', e o substantivo latino fēlis, 'gato'. Literalmente 'o primeiro gato', ou 'o antepasado dos gatos'.
Sinónimos
editarAdemais de polo nome que lle adxudicou Severtzov, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[1][4]
- Chrysailurus Severtzov, 1858
Subespecies
editarNa única especie do xénero recoñécense dúas subespecies:[1][5]
- Profelis aurata (Temminck, 1827)
- Profelis aurata aurata (Temminck, 1827)
- Profelis aurata cottoni (Lydekker, 1907)
Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis
editarDurante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[1][6] Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[7]
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[8] E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[9]
Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[10] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:
- Caracal aurata
- Caracal caracal - o caracal
Filoxenia
editarDesde 2006, as relacións filoxenéticas do caracal e outros gatos relacionados establecéronse como se indica a continuación:[8][11]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pero aínda hoxe moitos autores, como vimos, recoñecen a Profelis como xénero independente.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Profelis en MSW.
- ↑ 2,0 2,1 Profelis Severtzov, 1858 no ITIS.
- ↑ Profelis no NCBI.
- ↑ Profelis no GBIF.
- ↑ Profelis aurata (Temminck, 1827) no ITIS.
- ↑ Caracal Gray, 1843 no ITIS.
- ↑ Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–7. PMID 16400146. doi:10.1126/science.1122277. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Bahaa-el-din, L.; Mills, D.; Hunter, L. & Henschel, P. (2015). "Caracal aurata". The IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2015: e.T18306A50663128. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-2.RLTS.T18306A50663128.en. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Werdelin, L.; Yamaguchi, N.; Johnson, W. E. & O'Brien, S. J. (2010): "Phylogeny and evolution of cats (Felidae)" . Biology and Conservation of Wild Felids: 59–82.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Profelis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Profelis |
Bibliografía
editar- Kingdom, Jonathan (2004): The Kingdon Pocket Guide to African Mammals. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2239-7.
- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.