Ernst Heinrich Philipp August Haeckel, nado en Potsdam o 16 de febreiro de 1834 e finado en Jena o 9 de agosto de 1919, foi un biólogo e filósofo alemán que popularizou o traballo de Charles Darwin en Alemaña, propuxo novos termos como phylum, ecoloxía ou disteleoloxía.

Modelo:BiografíaErnst Haeckel
Biografía
Nacemento(mul) Ernst Heinrich Philipp August Haeckel Editar o valor en Wikidata
16 de febreiro de 1834 Editar o valor en Wikidata
Potsdam (Reino de Prusia) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de agosto de 1919 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Jena (República de Weimar) Editar o valor en Wikidata
Rector of the University of Jena (en) Traducir
outubro de 1884 – abril de 1885
Rector of the University of Jena (en) Traducir
abril de 1876 – outubro de 1876 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Frederico Guillerme de Berlín
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohannes Peter Müller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntepasado común Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, ictiólogo, profesor universitario, botánico, explorador, fotógrafo, ornitólogo, naturalista, médico, ecoloxista, zoólogo, filósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena, catedrático Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresAlbert von Kölliker, Franz von Leydig e Rudolf Virchow Editar o valor en Wikidata
AlumnosOscar Hertwig, Nicholas Miklouho-Maclay (pt) Traducir e Heinrich Höhr (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoHans Adolf Eduard Driesch, Arnold Lang e Otto Schmiedeknecht Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaHaeckel Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaHaeckel Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Sethe
Agnes Huschke Editar o valor en Wikidata
FillosWalter Haeckel
 () Agnes Huschke
Elisabeth Haeckel
 () Agnes Huschke Editar o valor en Wikidata
PaiCarl Haeckel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1299881 Musicbrainz: ec9955c3-3d0b-44c9-909d-16c7d0395c05 Discogs: 2098306 WikiTree: Haeckel-3 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Haeckel formulou en 1866 a teoría da recapitulación, hoxe desacreditada, segundo a cal o desenvolvemento dun embrión de cada especie repite o desenvolvemento evolutivo desa especie totalmente.

Haeckel avogaba que as razas "primitivas" estaban na súa infancia e precisaban a supervisión e protección de sociedades máis maduras, da que extrapolou unha nova filosofía, que denominou monismo. As súas obras serviron de referente e xustificación científica para o racismo, nacionalismo e socialdarwinismo e estiveron na base das teorías racistas do nazismo.

Logo da publicación do On the Origin of Species by Means of Natural Selection de Darwin, cando aínda non se atopara ningún antepasado dos humanos, Haeckel postulaba as evidencias da evolución humana se podían atopar nas Indias Orientais Holandesas, e describiu esas teorías con gran detalle no que recoñecía que os simios e humanos tiñan un orixe común. Tiña que haber, polo tanto, un elo intermedio, ao que lle deu o nome de home simio ou Pithecanthropus, que aínda que humana en moitos aspectos, non posuía a que consideraba verdadeira característica do home, a linguaxe, polo que a denominou Pithecantrhopus alalus. O lugar da súa aparición fora Lemuria, un continente que segundo crenza do século XIX afundira no océano Índico en épocas remotas, e dende alí se espallara polos outros continentes. Fascinado pola súa propia teoría encargou aos seus estudantes atopar o elo perdido, e un deles, Eugène Dubois, fíxoo ao atopar o coñecido como Home de Xava, ao que deu o nome de Pithecanthropus, aínda que máis tarde fora reclasificado como Homo erectus

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar