Bieito Ledo
Bieito Ledo Cabido, nado no lugar de Padroso (Xunqueira de Ambía) o 23 de febreiro de 1944, é un escritor e editor galego. Na actualidade é director de Ir Indo Edicións.
Bieito Ledo en 2019. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Bieito Ledo Cabido 23 de febreiro de 1944 (80 anos) Padroso, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor, editor |
Traxectoria
editarEstudou filosofía e teoloxía no seminario de Ourense, acadando a licenciatura en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Impartiu clases como profesor no ensino privado.
En 1975 trasladouse a Vigo[1], onde fundou a librería Ir Indo, e en 1979 incorporouse á Editorial Galaxia como director-xerente ata 1985. Posteriormente, ingresou no concello de Vigo, onde desempeñou o cargo de xefe de Cultura e Educación. En 1978, como presidente do Círculo Ourensán-Vigués, fundou os Premios da Crítica Galicia que presidiu durante quince anos, para logo constituír a fundación homónima, da que é presidente.[2]
En 1985 fundou en Vigo Ir Indo Edicións, coa que creou os proxectos da Enciclopedia Galega Universal (EGU, 1999), o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU, 2003) e o Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011).
Foi membro fundador e primeiro presidente da Asociación Galega de Editores, membro fundador da Fundación Galicia-Empresa, membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, e membro da Asociación de Amigos do Couto Mixto, entre outras asociacións. En nome da EGU, recibiu o Premio da Crítica Galicia como mellor Iniciativa Cultural en 2001 e o Trofeo Galeguidade no apartado de Medios de Comunicación Social da Enxebre Orde da Vieira en 2003. No ano 2005 o concello de Vigo nomeouno Vigués Distinguido e no 2006 o concello de Xunqueira de Ambía concédelle a distinción de Fillo Predilecto. Nese mesmo ano publicou o libro de relatos curtos Aconteceres.
Obras
editarNarrativa
editar- Aconteceres. (Ir Indo, 2006).ISBN 84-7680-591-8
- Cavilacións. (Ir Indo, 2018).ISBN 978-84-7680-741-5
- O meu reloxo. (Ir Indo, 2014). Traducido ó castelán e o inglés. ISBN 978-84-7680-715-6
Premios e recoñecementos
editar- Premio da Crítica Galicia, no ano 2001.
- Trofeo Galeguidade da Enxebre Orde da Vieira, no 2003.
- Vigués Distinguido, no 2005.
- Fillo Predilecto do concello de Xunqueira de Ambía[3], no 2006.
- Premio Celanova Casa dos Poetas[4], no ano 2024.
Notas
editar- ↑ "Bieito Ledo, un galego que gusta de escoitar o silencio". 17/05/2023. Consultado o 06/04/2024.
- ↑ "Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2014. Consultado o 09 de novembro de 2014.
- ↑ "Bieito Ledo, hijo predilecto de Xunqueira de Ambía". 23/06/2006. Consultado o 06/04/2024.
- ↑ "Bieito Ledo, gañador do XL Premio Celanova, Casa dous Poetas". 06/04/2024. Consultado o 06/04/2024.